Skip to Content

5º PRIMARIA

TRABALLO DE PLÁSTICA E TEST TEMA 2 DE MATEMÁTICAS

Ola artistas¡¡¡¡¡¡


Esta semana toca debuxar.
Imos facer uns cantos pentágonos enlazados. 
Primeiro debuxámolos a lapis, logo repasamos co pilot (ou rotulador negro) e finalmente,cando xa teñamos o debuxo rematado DECORAMOS.
Os materias que precisamos esta semana son os seguintes:
- Unha cartolina ou folio branco.
- Un lapis.
- Un pilot negro ou rotulador fino.
- Ceras plastidecor.
LISTO artistas, a crear arte.

 

Achego tamén o test do tema 2 de matemáticas

TEST TEMA 2

Test tema 2 de sociais

Achego test do tema 2 de sociais

TEST

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 20 DE ABRIL

Achego actividades de varias asignaturas.

Lingua Matemáticas
Lengua Naturais

 

 

 

EDUCACIÓN FÍSICA_ TELÉFONO FITNESS_GRUPOS TONI E JUAN RAMÓN

EDUCACIÓN FÍSICA_ TELÉFONO FITNESS

Durante esta semana imos mellorar un pouco a condición física, para iso ides utilizar un teléfono que os mestre de educación física poñemos á vosa disposición.

Propoñévosvos que fagades unha chamada o luns e outra o mércores a calquera persoa con quen che gustaría falar: avós, avoas, amigas, tíos, primas,...

Ademais, podedes aproveitar para aprender o teléfono dos vosos pais para usalo cando sexa necesario.

Instrucións do dispositivo

  1. Teclear o número de teléfono da persoa a que queiras chamar. A teclear cada número teredes que facer o exercicio que se vos pide.
  2. O teléfono non funciona moi ben polo que entre un número e outro teredes que descansar 15 segundos polo menos. Se non tedes cronómetro, contade ata 1015, empezando por 1000. É dicir, 1001, 1002, 1003, 1004 e así ata chegar ata 1015.
  3. Cando teñades terminado podedes aproveitar e facer unha chamada real á persoa na que estabades pensando. Segurísimo que o facedes moi, moi feliz.

 Este é o teléfono     

Deixámosvos aquí o plan para o resto da semana. A pasalo ben e a facer felices a algunhas das persoas que vos queren e que teñen gañas de saber de vós.

Un abrazo.

Hecho con Padlet

SOLUCIÓNS DA SEMANA PASADA

Nos seguintes enlaces podedes consultar a solucións das actividades que vos pusexemos a semana pasada

 

Matemáticas tema 1 Sociais Lingua
Naturais Matemáticas tema 2  

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut