Skip to Content

Actividades

ADAPTACIÓN DO CONTO "DO YOU WANT TO BE MY FRIEND?"

Os nenos e nenas de 2º e 3º de primaria, xunto coa profe Patricia,adaptan con voz o conto...

 

"Do you want to be my friend?"

 

 

 

 

 

 

 

Xoga a Scratch con" little red hen"

 

  

 Durante o curso pasado un dos libros que se estivo lendo co alumnado de 2ºC foi: “The little red hen”.

Ademais de ler, os estudantes fixeron outras actividades relacionadas co conto: recortar, colorear, pegar e tamén xogaron a Scratch.

Dado que as sessions eran moi curtas, case non poideron xogar.Agora que dispoñemos de blog no colexio, chegou o momento de compartilo para toda a comunidade do Fogar, lean ou non dito conto.

Fixen tres xogos distintos e de diferente dificultade. Vounos poñer en orden de menor a maior.

 

Wheat ninja:

 

Un xogo no que hai que intentar cortar follas de millo cunha fouce.

 

Instrucións:

Mover a fouce co rato e intentar cortar tódalas follas de millo. Hai unhas que puntúan máis ca otras:

Preme na imaxe para xogar:

 

 preme na imaxe para xogar

 

 

 

Grind de Wheat

Intentar moer o millo

 

Instrucións:

Mover o garrote co rato e darlle á barra espaciadora para golpear o millo.

Cantos puntos podes conseguir?

 

 

 preme na imaxe para xogar

 

Xogo de plataforma:

 

Instrucións:

Mover a galiña: frechas de dirección

Saltar: barra espaciadora

Non tocar nada de cor vermello: perderás unha vida

IMPORTANTE: hai veces que a galiña queda atrapada nos barrotes negros. Se sucede esto, teclea continuamente na barra espaciadora ata que a galiña volva á superficie.

 

 

 

 preme na imaxe para xogar

 

Déixovos un vídeo coas instrucións por se vos resulta de interese. Ademas comprobaremos que se pode conseguir chegar ao final. Clica na imaxe.

 

preme na imaxe para ver o vídeo

 

Veña chavales, a xogar

 

 

 

O monstro verde das 1000 caras

PROXECTO LECTOR

GO AWAY BIG GREEN MONSTER

1ºA E 1ºC  2019 /2020

 

Ola de rapaces e rapazas. Ata o de agora, xa vimos ao monstro verde do libro, recordas?:

imaxe derivada por Toni Fraga da orixinal do libro "Go away big green monster" by Ed Emberley 

 O outro día no pavillón vimos aos monstros verdes que hai no noso colexio e vos enfrentastes a eles:

Agora ides a coñecer ao monstro verde das 1000 caras. Sodes os primeiros estudantes en velo, ninguén antes foi capaz de ver tódalas súas facianas. Estades listos para ver o vídeo? Preme na imaxe e prepárate para as sorpresas.

 

imaxe derivada por Toni Fraga da orixinal do libro "Go away big green monster" by Ed Emberley

 Agora que xa viches o vídeo, podes intentar ti mesmo atopar catro animais que se colaron entre todas as caras do monstro. Os animais que tes que buscar son: un cocho, unha gatiña, un dragón e un unicornio.

 imaxes derivadas por Toni Fraga das orixinais dispoñible en www.freepik.es

 

Recorda, teslle que lle dar ao ZOOM no teu ordenador, móbil ou tablet para poder atopalos pois son moi pequeniños. 

Imos aló, preme na imaxe.

 

imaxe derivada por Toni Fraga da orixinal do libro "Go away big green monster" by Ed Emberley

 

E para terminar, se tes moitas dificultades para atopar os animaliños, non te preocupes. É normal, son moi escorregadizos. Pero eles non saben que o voso mestre vos pode axudar un pouquiño. Déixovos aquí a solución, pero só se o intentastes de verdade e non fostes quen de dar con eles.

Ahhhh, podedes xogar cos vosos pais, ou podedes retalos, pero recordade: non lle digades que sabedes onde están.

Clica na imaxe para saber a solución:

 

 

                                                                  imaxe derivada por Toni Fraga da orixinal dispoñible en www.freepik.es

 

Espero que vos guste e que pasedes un bo rato buscando aos animais.

 

 

Go away big green monster 1ºA, 1ºC 2019

GO AWAY BIG GREEN MONSTER

ALUMNOS DE 1ºA E 1º C

2019 /2020

 

 

Moi pronto poderás ver as fotos e vídeos do alumnado de 1º A e 1ºC durante as sesións do proxecto lector.

Aquí tedes un aperitivo. Premede na imaxe.

 

Estade atentos :)

 

 

PETE THE CAT

Pete the Cat!

Un gatiño moi especial que nos ensina que non importa o que nos atopemos no camiño, o importante é seguir camiñando!

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut