Skip to Content

Novas

Vídeos Magosto 2022

 Podes ver os vídeos de cada xogo nesta páxina ou premendo en "Youtube" nos vídeos.

Ou, se tes tempo, valor e 15 miniurtos podes ver o vídeo completo premendo neste enlace: https://youtu.be/P0bVNAC9RSQ.

Ti elixes

 

 

 

INFORMACIÓN CAMPO A TRAVÉS 2022-2023

Nota informativa para o día da carreira de campo a través.

Estimadas familias.

O martes 20 de decembro o seu fillo/filla vai participar na carreira de campo a través que se vai celebrar no polígono industrial de Carballo.

Os estudantes teñen que vir ao colexio como calquera outro día, é dicir, estar nel antes das 9.30h. Daránselle os dorsais aos atletas e marcharemos en bus para o lugar da carreira.

Dámosvos algunha información que vos pode interesar:

1.Os escolares estarán acompañados por mestres do colexio tanto no colexio como no campo de fútbol.

2.Iremos en bus, os estudantes non poden ir directamente dende as súas casas. Teñen que estar no colexio á hora de costume.

3.Os familiares poden ir ver aos atletas ao campo. Os horarios poden variar así que se aconsella ir con 15 ou vinte minutos de antelación.

4.horarios das carreiras. 

HORA CATEGORÍA DISTANCIA
11:00 Infantil masculino  1.500 m
11.15 Infantil feminino 1.500 m
11:30 Alevín masculino 1.000 m
11.45 Alevín feminino 1.000 m

5.     

De todas maneiras, podedes mirar na páxina web do colexio, no apartado educación física, onde aparece toda a información: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfogarcarballo/node/1655

6.     

Material e equipamento para o día da carreira:

Probablemente o alumnado non voltará ao colexio ata as 12h da mañá, polo que ademais da roupa deportiva terá que vir co material necesario para as dúas últimas horas. A non ser que os seus titores ou mestres lles digan o contrario.

Roupa deportiva para o día da carreira: Aquela roupa coa que seu fillo/filla se sinta a gusto. Calzado cómodo, pantalón curto, mallas ou chándal e camiseta ( de cor branca se é posible). Se vai frío tamén poden correr con suadoiro. Pode traela xa posta da casa.

Os escolares poden cambiarse nos vestiarios do colexio, e poden deixar no mesmo o material educativo para ese día. Ademais, no campo de fútbol haberá vestiarios para que os atletas se poidan cambiar e/ou duchar.

MOI IMPORTANTE: 

Se o seu fillo/a usa broncodilatador, deberá levalo este día.

Para despois da carreira o alumno/-a levará unha muda pola posibilidade de que se manche e/ou molle. 

Esperamos que vos sexa útil esta información e que os vosos fillos/fillas pasen un gran día.

Un saúdo

 A continuación e premendo nos enlaces poderedes acceder a toda a infromación que nos mandaron dende o concello e deporte escolar.

 

 

 

 

Adestramento Viquingo no Fogar

Alumnado de 2º de primaria estivemos preparándonos para a nova misión que nos propuxeron dende o colexio. Podes ver o vídeo para comprobalo.

Se non funciona, este é o enlace: https://youtu.be/rHaiKWrW030

 Esperamos que vos guste.

Among Us_ fitness Fogar

Anímate a facer exercicio cos teus personaxes favoritos de Among Us.

INTRUCCIÓNS AVALIACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA_3º E 4º DE PRIMARIA

INTRUCCIÓNS AVALIACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA_3º E 4º DE PRIMARIA

Ola familias.

Os alumnos de Terceiro e Cuarto que queiran mellorar a súa nota final deben descargar e cubrir o cuestionario que aparece nestes enlaces seguindo as instruccións que se lles indican.

A data límite para entregar as tarefas é o día 5 de xuño de 2020.

Distribuir contido


by Dr. Radut