Skip to Content

Carné

Carné

Os usuarios da nosa biblioteca son todos os alumnos e alumnas do centro. Cada un deles dispón dun carné de usuario, persoal e intransferíbel que dará acceso a todos os materiais e servizos: empréstitos e para a utilización dos computadores. Debe coidarse pois terá validez para toda a escolaridade.

O alumnado de educación infantil tamén poderá aceder ao empréstito de libros sempre que dispoña de carné e o faga acompañado da nai, pai ou titor legal.

Cada usuario poderá ter emprestado, provisoriamente, un máximo dun libro. Cada empréstito terá unha duración máxima de 15 días sendo imprescindíbel a presentación do carné de usuario.

Cando se devolva o empréstito deberase entregar directamente aos bibliotecarios e confirmar de que sexa anotado como devolto no programa informático MEIGA que xestiona a biblioteca escolar. Nunca se deben colocar as devolucións directamente no andel nin depositalas no mostrador sen avisar.

Deberanse coidar os libros con todo o esmero posíbel. Son moi caros e moitos dos títulos xa non están dispoñíbeis nas librarías. Hai que tratalos con coidado, non arrincando ningún adhesivo identificativo. Se é posíbel, pódese colaborar coa biblioteca forrando os libros emprestados con plástico transparente, contribuíndo así á súa conservación.

Lembrar que cada lector é responsable dos libros que toma en empréstito e si se deterioran por un uso indebido deberá repoñelos.

Distribuir contido


by Dr. Radut