Benvida

Benvid@ á nosa biblioteca

 

A biblioteca é o lugar máis especial do colexio. É o refuxio daqueles que buscan onde poder investigar, coñecer, ler, aprender...  A biblioteca permitiravos viaxar no tempo ou no espazo, visitar épocas remotas, lugares marabillosos descoñecidos, coñecer formas de vida moi distintas ás nosas, ter noticias de civilizacións afastadas, de animais sorprendentes... Nela sempre hai espazo para o entretemento, a curiosidade e a imaxinación, para sentir a poesía e para gozar de historias e lendas.

Ademais é un lugar de encontro, no que poder informarse de todo o que interese, na que existen os recursos necesarios tamén para  estudo, a realización de traballos e tarefas escolares.

Distribuir contido