Como é?

Como é?

A nosa biblioteca consta de varias zonas: de lectura e consulta, habilitadas para as distintas idades, multimedia, de empréstitos, de traballo en equipo, etc.

Os libros están situados en andeis, sinalizados, tendo en conta a idade dos destinatarios e o seu xénero. Así, ademais de Enciclopedias, Dicionarios, Atlas e demais exemplares de consulta, atopamos libros de Banda Deseñada (BD), Consulta (CO), Inglés (I), Manualidades (MA), Música (MU), Narrativa (N), Poesía (P) e Teatro (T), para as catro idades: Prelectores (Educación Infantil), Primeiros Lectores (1º Ciclo de Primaria), Lectores (2º Ciclo de Primaria) y Lectores expertos (3º Ciclo de Primaria).  

Hai dúas zonas multimedia, na que hai computadores para uso exclusivo do alumnado. A través deles pódese consultar o catálogo da biblioteca,  enciclopedias ou CD ROMs,  buscar información en internet,  xogos educativos, etc.

Non está permitido modificar a configuración dos equipos en ningún sentido, así como danar ou destruír equipos, programas ou bases de datos que pertenzan á biblioteca ou a outros usuarios, incluíndo agregar, alterar ou borrar arquivos na memoria dos computadores.

A navegación por Internet non está exenta de riscos. Por iso, sempre se utilizará Internet en presenza dun docente, non estando permitido realizar actividades de carácter persoal tales como enviar ou recibir correos electrónicos, entrar en chat ou enviar datos persoais a concursos ou páxinas Web descoñecidas a menos que teña relación coa busca de información e sempre coa autorización expresa do bibliotecario e da titora ou titor do seu curso.

Para os máis pequenos, dispoñemos de marcadores, que son unhas tiras longas cada unha delas cun distintivo diferente, que nos permiten indicar o lugar no que collimos o libro e volver a situalo no mesmo sitio unha vez rematada a súa lectura.

Distribuir contido