Skip to Content

Erasmus +. Opening books...Opening minds_Digital Storytelling Tools & Educational Video Production - Web 3.0

 

Dende o 24 de setembro de 2018 ata o 28 do mesmo mes, Vanesa Ríos e Toni participaron nun curso sobre digital Storytelling en Atenas. Máis concretamente en Ilion. O obxectivo deste proxecto de mobilidade era a aprendizaxe de técnicas dixitais para aplicar posteriormente nas aulas.A academia chamábase ITCS.com e puxéronnnos todo tipo de facilidades para poder levar adiante o training. Queremos agradecer a todo o persoal do centro o trato recibido e moi especialmente ao noso profesor Vasili.

O nome do curso era: Digital Storytelling Tools & Educational Video Production - Web 3.0

Actividades

Durante estes catro días fixemos unha pequena aproximación a técnicas dixitais para contacontos.

Tamén se nos presentaron diferentes formatos cos que poderiamos traballar tales como cómics, animacións e materiais interactivos.

As tarefas eran inminentemente prácticas usando aplicacións encamiñadas a poñer en práctica o aprendido.

Habilidades

Fundamentalmente consistiron na creación de contos dixitais e como compartilos, tamén elaboramos algúns contidos incorporando as técnicas desenvolvidas durante o curso.

En canto as habilidades linguísticas, dicir que as clases eran en inglés, sendo un dos obxectivos destas mobilidades, mellorar e perfeccionar o nivel nesta lingua.

 

 

Habilidades informáticas

Durante este curso, creamos e editamos material multimedia usando software variado. Por citar algúns das aplicación utilizadas:  Vyond Studio e StoryBoard That, coas que creamos, editamos e compartimos algunhas animacións. Deixámosvos un exemplo.

 

                                    

 

 



page | by Dr. Radut