Flipped Classroom_ HIIT
FLIPPED CLASSROOM / AULA INVERTIDA
HIIT ( exercicios interválicos de alta intensidade)
Que é o HIIT?
HIIT son as siglas das seguintes palabras en inglés: “High Intensity Interval Training”, que en español vería sendo: exercicios interválicos de alta intensidade.
Antes de empezar, vouvos explicar qué é iso de interválico e de alta intensidade.
Interválico: Neste caso significa que entre un exercicio e outro haberá un tempo de descanso.
Por exemplo:
- Facer jumping jacks durante 20 segundos
- Descansar: 20 segundos
- Facer sentadilla en parede: 20 segundos
- Descansar: 40 segundos
Alta intensidade: O exercicio que se realiza en educación física soe ser de 3 tipos: Suave, moderado e intenso. Vouche poñer un par de exemplos:
- Suave: Se podes manter unha conversación mentres realizas o exercicio.
- Moderado: Tes que falar menos, pero podes facer o exercicio durante bastante tempo.
- Intenso: Non podes falar porque necesitas tódalas enerxías para terminar o traballo. Ademais, non podes realizar a tarefa moito tempo seguido.
Pois ben, o HIIT son varios exercicios que se realizan con intervalos e a unha intensidade moi alta (Exercicio intensos e que se fan con pequenos descansos entre un e outro).
O máis coñecido é o seguinte: 12 exercicios que se realizan desta maneira:
Traballas: 30 segundos
Descansas: 10 segundos.
Podes mirar o vídeo:
Sen embargo, vós ides facer HIIT adaptado á vosa idade. Os mesmos exercicios pero, con intensidade moderada. Poderiámolo chamar MIIT ( exercicios interválicos de intensidade moderada)
MIIT
Traballas: 20 segundos
Descansas: 40 segundos
O que tedes que conseguir, é que os vosos compañerios e compañeiras fagan o mesmo que o que vedes no vídeo. Por exemplo, un de vós explíca o exercicio, outro leva o tempo co cronómetro e mentras, o resto da clase traballa.
MOI IMPORTANTE
Tedes que recordar que o voso obxectivo final consiste en explicar os exercicios, que tedes que aprender, aos vosos compañeiros. E estes, terán que realizalo ao mesmo tempo que llos comentades. Digamos que ides ser mestres ou monitores de ximnasio durante uns días.
Non fagades o HIIT de traballar 30 segundos e descansar 10. Só as persoas que fan unha revisión médica ou teñen unha condición física moi boa deberían practicalo.
Por último, a continuación podes clicar en cada imaxe e verás un vídeo de cada un dos exercicios.
ÁNIMO RAPACES