Skip to Content

DECLARACIÓN RESPONSABLE FAMILIAS

Estimadas familias;
O Protocolo establecido polas Consellerías de Sanidade e Educación determina que os proxenitores se comprometen a realizar diariamente ao alumno/a a Enquisa de Autoavaliación clínica do COVID e que se comprometen a NON envialo ao centro e mantelo en illamento preventivo domiciliario nos seguintes supostos:

De ter síntomas compatibles coa COVID-19, poñeranse en contacto co pediatra e con algún dos membros do equipo COVID do centro educativo.

Se algunha persoa do núcleo familiar é sospeitosa de padecer a COVID-19, o alumno/a non poderán acudir ao centro ata que se coñeza o resultado da proba e sexa negativo. A persoa afectada ou a súa familia comunicarán o resultado á persoa coordinadora COVID do Centro.

En consecuencia, a lexislación establece que deberán asinar a declaración responsable que recolle todo o anterior, e deberá traela o alumno/a correctamente cuberta e asinada o primeiro día lectivo. A devandita declaración poden atopala na nosa web.

O Equipo Directivo

 

DECLARACIÓN RESPONSABLE



page | by Dr. Radut