Skip to Content

Normalización Lingüística

Celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro foi o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Desde o noso centro quixémolo celebrar cantando unha alborada. Aquí o podedes ver

 

 

Homenaxe a Macías O Namorado

O día 15 de febreiro o alumnado de Infantil e Primaria estivemos recitando poemas, rapeando e representando a vida de Macías O Namorado. Aquí podedes ver as nosas representacións:

 

 

Día da Paz

O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz.

O Centro xa empezou a preparar algunha cousiña para recordar que a paz hai que celebrala todolos días.

Aprendemos a debuxar con Anxo Fariña

O luns 21 de maio estivo no noso centro o ilustrador Anxo Fariña. Grazas a el aprendemos moitas técnicas novas para realizar os nosos debuxos. Seguro que serán de gran utilidade!!!.

       

Entroido no Flavia 2018

No mes de febreiro celebramos o Entroido con moitos doces, bailes e moita diversión. Aquí tedes un pequeno resumo!!!

Abecedario pola paz

Desde o centro estamos traballando pola paz. Por iso creamos un abecedario coas palabras que teñan que ver coa paz. Mirade cántas palabras pode haber.

III OUTONO Fotográfico

Padrón, 15 de novembro de 2016

 

Estimados pais/nais/titores legais:                          

Grazas á vosa participación este ano realizaremos o III OUTONO FOTOGRÁFICO no CEIP Flavia. Ao longo deste curso a nosa temática de traballo é o TURISMO SOSTIBLE.

Por iso gustaríanos que nos amosásedes os vosos lugares con encanto, nos que vos atopades tranquilos, onde disfrutades... e nos contarades que observades nel.

Os traballos expoñeranse no Salón de pasos perdidos e no blog (http://www.opemento.blogspot.com) e na páxina web do centro.

A data para ir entregándoos é a partires do 17 de novembro.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

A dirección do CEIP Flavia.

CELEBRACIÓN SAMAÍN E MAGOSTO.

Padrón 21 de outubro de 2016


CELEBRACIÓN DE SAMAÍN E MAGOSTO


Estimados pais/nais:


Con motivo da celebración do Samaín, precisamos da vosa colaboración para realizar as seguintes actividades:
O martes 25 de outubro: Exposición de cabazas: os alumnos e alumnas que así o queiran traerán unha cabaza decorada para a súa colocación no corredor do colexio. Este ano o tema que imos traballar durante todo o ano é O TURISMO SOSTIBLE polo que os que queiran poden decorar a cabaza con motivos propios deste tema. Quedades invitados a visitar a exposición o martes pola tarde coincidindo coa hora de titoría.


O VENRES 28 de outubro: celebramos o Magosto polo que tamén pedimos a vosa colaboración traendo á escola un puñado de castañas xa amosegadas.
Para este día temos previsto facer talleres nas aulas e posteriormente a degustación das castañas.


Agradecemos a vosa colaboración
A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut