Skip to Content

OBRADOIRO PARA AS FAMILIAS: EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL DOS NENOS E NENAS.

 

 

Seguindo co iniciado no curso anterior. O vindeiro martes 8 de outubro terá lugar no colexio, dentro dos Encontros familia-escola, un obradoiro sobre Educación Afectivo-Sexual para as familias, que comezará ás 17:00h e que será impartido por Belén Montesa, psicóloga, sexóloga e con ampla experiencia no mundo da infancia e adolescencia.

Este obradoiro está enmarcado dentro do programa que o centro desenvolverá tamén para o alumnado e profesorado do centro ao longo deste trimestre.

Contamos coa vosa participación.

 

 

 



page | by Dr. Radut