Animación á lectura

CONTAVENRES: "LOBO FEROZ"

Hoxe contamos a historia "Lobo Feroz", de Patacrúa, coa que rimos un pouco e caemos na conta de que hai lobos que máis que feroces son un pouquechiño papans.

Pasámolo moi ben e disfrutamos moito.

Coa escritora María Reimóndez

O alumnado de 3º e 4º tivo a oportunidade de coñecer a autora do libro "O Xeito das Froitas". Despois de moitas preguntas, curiosidades e sinaturas de libros,  Sara e Bruno exerceron de periodistas nunha entrevista coa escritora que podedes ver a continuación.

 

MARÍA REIMÓNDEZ NO COLE

Un día despois do Día Internacional do Libro Infantil tivemos a grande fortuna de compartir un tempo con María Reimóndez, unha escritora comprometida co mundo no que vivimos. Compartiu con nós, alumnado de 3º e 4º de Primaria un tempo no que falamos sobre o seu libro "O xeito das froitas". Un libro no que unha rapaza, Iris, a través das froitas vainos facendo percorrer e entender moitas cousas da vida. Un libro que mestura alegría, humor, ironía, tristura, realidade e moita imaxinación a un tempo. Un libro que nos animou a "dar vida a algunhas froitas, tamén".

Gustounos moito o libro e gustounos moito a visita de María.

Grazas!

CONTAVENRES: "TRES HAN DE SER"

Hoxe tocoulle o turno ao texto "TRES HAN DE SER" de Darabuc,  lido por alumnas de 3º de EP. Foron moi aplaudidas por todos e todas os que o escoitaron.

Desde aquí dámoslles as grazas e animámolas a seguir contando historias.

Grazas!

 

 

CONTAVENRES: "O GALO KIRIKO"

Esta vez, dúas grandes lectoras de 3º de EP, contáronnos o clásico "O galo Kiriko". Elas fixérono de marabilla e toda a rapazada prestou moitísima atención.

Esperamos que sigan facéndonos gozar coas súas lecturas.

Moitas grazas, rapazas!

CONTAVENRES: "BONITAS"

Para ter presente os estereotipos que temos de xénero, un grupo do alumnado de 4º de EP, representaron a historia de "Bonitas", un texto de Stacy McAnulty. Ao rematar, todo o grupo interpretou un fragmento da canción "Pégale a la pared", de Reily Barba.

 

CONTAVENRES: "VACAS NA CIDADE"

Esta vez Noa, Antía e Ana, de 6º de EP, fixéronnos pasar un tempo moi divertido coa lectura de "Vacas na cidade?", de An Alfaya. 

Grazas, mozas! Sodes estupendas!

 

 

 

 

 

 

 

 

CONTAVENRES:"LA PRINCESA QUE QUERÍA ESCRIBIR"

Retomamos os nosos "contavenres", esta vez da man de Ángela e Daniela, dúas alumnas de 6º de Primaria que quixeron compartir con nós a lectura de "La princesa que quería escribir".

Este texto de Beatriz Berrocal fálanos da importancia de perseguir aquilo no que cremos, de que ser e/ou pensar diferente non é ningún problema.

Daniela e Ángela fixérono moi, moi ben, con moito sentimento.

Grazas, rapazas!

 

Contacontos con Celtia Figueiras

Xa rematando o curso tivemos a fortuna de que viñera ao noso colexio a contacontos Celtia Figueiras. Cos seus "xigantescos libros" conseguiu que todos e todas nos mergulláramos na súas historias, engaiolados pola súa voz e expresividade. Foi unha verdadeira delicia escoitala. Parabéns polo seu traballo e moitísimas grazas.

Aquí deixamos unha pequena mostra da súa animación.

 

Powered by Drupal - Design by artinet