CAMPAÑA NATACIÓN ESCOLAR 18/19

CAMPAÑA NATACIÓN  ESCOLAR 18/19 

      A Campaña de Natación Escolar vai dirixida exclusivamente aos escolares do 2º ciclo de Ed. Primaria (3º e 4º curso) de Centros Públicos.

      O número de prazas ofertadas é de 15.

      A Campaña levarase a cabo na Piscina de San Diego os xoves de 16:00 a 16:45h. 4. O Servicio Municipal de Deportes, comunica que tentarase manter o horario indicado, podendo haber modificacións segundo as variacións que se poidan producir na matriculación do alumnado.

      Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias.

       O custo por alumno é de 53,47 €. Esta cota inclue o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria. 

       O prazo máximo de inscrición para os escolares remata o día 19 de setembro

Powered by Drupal - Design by artinet