Reunión cos pais e nais de 3 anos

Informamos de que o luns 10 de setembro ás 16,30h, terá lugar a reunión de inicio de curso das titoras coas familias do alumnado de 4ºEI (3 anos), tal e como informaramos na reunión do mes de xuño. Agardamos a vosa presencia neste importante encontro, onde as titoras, Mar (lazo lila) e Ana (lazo laranxa), informarán dos aspectos e cuestións máis relevantes neste comezo de curso, así como aclarar calquera dúbida.

A convocatoria das reunións do resto dos cursos estará dispoñible na circular de inicio de curso que entregaremos o primeiro día de clase. Previsiblemente a maioría delas terán lugar os luns 17 e 24 de setembro pola tarde.

Powered by Drupal - Design by artinet