Cambio na ANPA

 

No día de hoxe (13/06/16) Sonia Portas deixa a presidencia da APA Castrillón, para dar paso a unha nova xunta directiva capitaneada por Belén. Dende a Dirección do Colexio queremos agradecer a Sonia e a todo o seu equipo de nais e pais, o traballo desenvolvido nestes anos, unha labor intensa e productiva, ao mesmo tempo que desinteresada e non sempre ben recoñecida. Grazas pola vosa implicación e todas as novidades e actividades realizadas.

Aproveitamos para dar a benvida á nova presidenta e o seu equipo e brindarlles, como sempre o noso apoio e a nosa axuda.

Powered by Drupal - Design by artinet