Segundo trimestre

Iniciamos este segundo trimestre no que haberá algunhas novidades, especialmente no ámbito das actividades extraescolares. Unha nova proposta do Concello de actividades extraescolares que comezará en febreiro, mantendo por unha banda as actividades existentes, e noutra liña, propoñendo unha nova serie de actividades, como por exemplo: mates e línguas recreativas, inglés, competencia dixital e xogos deportivos escolares. Agardamos poder transmitir a información máis polo miudo nos seguintes días.

Outra novidade en xaneiro será o inicio de PROA, para o alumnado seleccionado de 4º, 5º e 6º de primaria, coa intención renovada dunha mellora do éxito escolar deste alumnado.

Powered by Drupal - Design by artinet