Skip to Content

PLAN DE ACOLLIDA PARA O ALUMNADO DE 3 ANOS QUE COMEZA NO COLEXIO

Todos os anos, no mes de xuño, o equipo directivo e as mestras de educación infantil reuníamonos coas familias para falar do inicio de curso, das recomendacións para o verán, do período de adaptación, que ten lugar en setembro cando os nenos e nenas se incorporan por primeira vez á escola.

 

Debido a situación na que nos atopamos pola crise do COVID19, este curso non se puido realizar dita reunión, polo que deixamos aquí abaixo os documentos que repartíamos ese día, para que teñan en conta as familias de cara o vindeiro curso.

As familias que veñan formalizar a matrícula dos nenos/as, lembramos do 1 ao 10 de xullo, darémosllo ese mesmo día.

É importante que leades con atención as recomendacións e normas do centro para facilitar esa incorporación á escola .

 

É CONVINTE QUE VISITEDES CON FRECUENCIA A WEB DO CENTRO XA QUE SERÁ A TRAVÉS DESTE MEDIO COMO VOS IREMOS INFORMANDO DAS NOVIDADES QUE VAIAN SAINDO.

Podedes descargar o folleto informativo para alumnado de 3 anos pulsando aqui.

Utilizamos no colexio dúas aplicacións para instalar no teléfono móbil, a aplicación AbalarMobil que é a institucional e onde podedes consultar entre outras cousas as notas dos vosos fillos/as e a aplicación Tokapp que a utilizamos para comunicacións varias. Podedes descargar información delas pulsando nos seguintes enlaces:

Teñen que formalizar a matricula entregando o anexo III-1 no colexio do 1 de xullo ata o 10 de xullo.



page | by Dr. Radut