Skip to Content

Charla-Obradoiro das ENAPAS (Escola de Nais/Pais)

Estimadas familias:

O vindeiro venres, 13 de decembro de 2019, na Casa de Cultura de Noia, en horario de 19.00h a 21.00h, haberá unha charla-obradoiro das ENAPAS (escola de nais/pais), impartida por Begoña Castro Iglesias coa temática: Técnicas de control de ira, rabietas, administración do tempo (tempo de calidade), normalización dos diferentes tipos de modelos familiares, crianza e hábitos saudables, normas. Esta charla está organizada polo CAFI (centro autonómico de formación e innovación) en colaboración co CEIP Felipe de Castro de Noia e ANPA “Avilés de Taramancos”.

Un saúdo

A Dirección



page | by Dr. Radut