Skip to Content

TAEKWONDO, PROGRAMA XOGADE DA XUNTA DE GALICIA

O pasado sábado 8 de Xuño desputouse en Arteixo a final do Campionato Galego de Deporte escolar do Programa Xogade da Xunta de Galicia, e comunicámosvos que:

ÁNGEL REMUIÑÁN LAMAS DE 6º PRIMARIA GRUPO B

MEDAIA DE BRONCE NA CATEGORÍA DE MENOS DE 33 KG

Non podemos máis que felicitar a Ángel pola magnifica tempada realizada, xa que en tódalas competición nas que participou, voltou cunha medaia ó pescozo. O vindeiro ano Ángel xa non estará no centro, pero de seguro temos canteira suficiente na nosa actividade de Taekwondo para mellorar os seus resultados ainda que sen dúbida será complicado, pero un bonito reto para os rapaces que o curso que ven participen nesta actividade.

Agradecer tamén por suposto o noso Maestro de Taekwondo Pablo Carou o traballo realizado cos alumnos, e por demostrar que dende as actividades extraescolares se poden alcanzar metas moi altas no deporte.


  

     O pasado 4 de Abril disputouse en Betanzos a competición de Taekwondo Fase Provinvial, pertencente ó programa Xogade, de deporte escolar da Xunta de Galicia, e alédanos comunicarvos que:

ÁNGEL REMUIÑÁN LAMAS DE 6º PRIMARIA GRUPO B

CAMPIÓN NA CATEGORÍA DE MENOS DE 33 KG

Moitas felicidades Ángel e moita sorte para a fase Rexional donde estamos seguros que volverás a facer un gran papel.

 

 

 

 




page | by Dr. Radut