Skip to Content

NOVAS CULTURA E EDUCACION

Distribuir contido
Actualizado: hace 3 anos 15 semanas

Publicación da resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual

Mar, 10/20/2020 - 09:21
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual

Xúntase a Orde do 9 de outubro de 2020 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual, convocadas pola Orde do 2 de xuño de 2020.

Servizo relacionado: 

FCT

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Formación Profesional Servizo de Orientación Profesional e Relación con Empresas

Colectivo: 

Alumnado Centros Empresas

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de FP, especialidade de sistemas e aplicacións informátic

Lun, 10/19/2020 - 17:56
Idioma Gallego

Resolución do 19 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de sistemas e aplicacións informáticas (591227).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.

 

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de informática

Lun, 10/19/2020 - 17:44
Idioma Gallego

Resolución do 19 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de informática (590107).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.

 

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia especialidade de fagot

Lun, 10/19/2020 - 17:34
Idioma Gallego

Resolución do 19 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de fagot (594408).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.

 

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas (594)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas superiores de música

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Publicación do procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade fútbol

Lun, 10/19/2020 - 13:35
Idioma Gallego

Xúntase:

  • Resolución do 19 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade fútbol (590701).
  • Modelo de solicitude.

O prazo para formular solicitudes será de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución.

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

File: 

Resolución do 19 de outubro de 2020 Modelo de solicitude

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

102 Centros educativos participan este curso no programa ‘Biblioteca Creativa’, para fomentar a investigación e a aprendizaxe

Dom, 10/18/2020 - 10:07

Summary: 

Do total de centros adheridos, 25 son de nova incorporación mentres que outros 77 renovan a súa continuidade no proxecto nas bibliotecas escolares A través desta iniciativa dirixida a infantil e primaria búscase familiarizar aos máis cativos coa robótica e a linguaxe de programación A Xunta aporta os recursos necesarios, que inclúen a dotación de pequenos robots, os Escornabots, cos que o alumnado pode realizar as actividades Idioma Gallego

Un total de 102 centros educativos de Infantil e Primaria de toda Galicia −25 de nova incorporación e outros 77 que renovan a súa continuidade− participan neste curso no programa Biblioteca Creativa da Xunta de Galicia que ten por obxectivo impulsar, desde a biblioteca escolar, un espazo creativo de aprendizaxes no que o alumnado poida experimentar e investigar con todo tipo de recursos; e para o cal a Consellería de Cultura, Educación e Universidade aporta os recursos necesarios.

Así, segundo a resolución publicada no Portal Educativo, neste curso participarán por primeira vez neste programa un total de 10 novos centros da provincia da Coruña, tres de Lugo, dous de Ourense e 10 de Pontevedra. Ao mesmo tempo, tamén se renova a continuidade no proxecto doutros 77 centros incorporados en edicións anteriores, polo que o total de centros adscritos elévanse a 102, a razón de 38 na provincia da Coruña, 14 en Lugo, 11 en Ourense e 39 en Pontevedra.

Esta iniciativa, −integrada no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares (PLAMBE)−, busca estimular a iniciación do alumnado de Infantil e Primaria no campo da robótica e na linguaxe de programación a través de actividades manipulativas e outras, programadas desde a biblioteca escolar, mediante a utilización de pequenos robots, os Escornabots, deseñados dentro dun proxecto de hardware libre, cunha evolución aberta á comunidade. A través disto búscase ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple, o razoamento lóxico, a aprendizaxe manipulativa, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.

Dotación de recursos

Todos os centros de nova incorporación seleccionados reciben directamente no centro os materiais para montar os Escornabots que se incorporan á biblioteca.

Os 77 centros que renovan a súa participación reciben unha asignación para ampliar o proxecto, ben sexa coa dotación dun recuncho creativo dentro da biblioteca con recursos de robótica e impresión 3D; coa adquisición de materiais que faciliten a investigación, a experimentación e a creación de forma creativa, ou a través da formación do alumnado a través de obradoiros relacionados coa creación audiovisual ou outros ámbitos relacionados co programa impartidos por profesionais do eido.

No caso dos centros con un ano de antigüidade no programa, a asignación vai destinada á adquisición dos medios necesarios para introducir a impresión 3D no recuncho creativo da biblioteca escolar. No caso dos centros con dous anos de presenza no programa, a asignación destínase á adquisición de materiais que faciliten a investigación, a experimentación e a creación de forma colaborativa, configurando un ‘espazo creativo’ diverso e axeitado aos intereses da comunidade educativa e ás finalidades do centro; mentres que os centros con tres anos de presenza en Biblioteca Creativa deberán destinar a asignación que reciban da Consellería á formación do alumnado coa realización no propio centro, de obradoiros relacionados coa creación audiovisual ou de calquera outro ámbito presente no ‘espazo creativo’, a experimentación, a robótica, a programación etc., impartidos por profesionais ou persoas experimentadas en cada ámbito. Estes obradoiros poderán ter formato presencial, se as circunstancias sanitarias así o permiten, ou telemático.

No caso dos centros con catro anos de presenza no programa, a asignación deberá destinarse á formación do alumnado coa realización no propio centro de obradoiros e actividades relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030; actividades que deberán ter como referencia o “espazo creativo” da biblioteca.

Listado de centros de nova incorporación ao programa ‘Biblioteca Creativa’:

A Coruña:

Centro

Concello

Provincia

CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro

Capela, A

A Coruña

CEIP Salgado Torres

Coruña, A

A Coruña

CEIP Plurilingüe de Centieiras

Fene

A Coruña

CEIP de Caión

Laracha, A

A Coruña

CEIP Plurilingüe de Louro

Muros

A Coruña

CEIP dos Muíños

Muxía

A Coruña

CEIP Plurilingüe de Outes

Outes

A Coruña

CEIP Plurilingüe Santa María

Pontes de García Rodríguez, As

A Coruña

CEE Manuel López Navalón

Santiago de Compostela

A Coruña

CEIP de Prácticas López Ferreiro

Santiago de Compostela

A Coruña

 

Lugo:

CEIP Plurilingüe Monte Baliño

Pantón

Lugo

CPI Dr. López Suárez

Saviñao, O

Lugo

EEI San Roque

Viveiro

Lugo

 

Ourense:

CEIP Nosa Señora de Xuvencos

Boborás

Ourense

CEIP Plurilingüe do Xurés

Lobios

Ourense

 

Pontevedra:

CEIP Plurilingüe de Castrelo

Cambados

Pontevedra

CEIP Pérez Viondi

Estrada, A

Pontevedra

CEIP Plurilingüe de Chancelas

Poio

Pontevedra

CEIP de Santiago de Oliveira

Ponteareas

Pontevedra

CEIP Nosa Señora dos Remedios

Ponteareas

Pontevedra

CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro

Redondela

Pontevedra

CEIP Plurilingüe Nº 1

Tui

Pontevedra

CEIP Illas Cíes

Vigo

Pontevedra

CEIP Plurilingüe Frián-Teis

Vigo

Pontevedra

CEIP A Lomba

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

 

Información xeral Bibliotecas escolares Ensinanzas de réxime xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade Profesorado Alumnado Familias Centros

A Xunta convoca os Plans de formación de profesorado de FP en centros educativos

Sáb, 10/17/2020 - 10:13
Idioma Gallego

Summary: 

As liñas prioritarias son a innovación científico-tecnolóxica e a innovación didáctica A colaboración con empresas nesta e outras convocatorias contribúe a que a FP atenda mellor as necesidades dos sectores produtivos e a favorecer a inserción laboral dos titulados

A Xunta de Galicia vén de publicar a convocatoria de proxectos de formación do profesorado de Formación Profesional neste curso 2020/21 en centros educativos. O obxectivo é favorecer a innovación nesta etapa educativa, ao tempo que se dá resposta ás necesidades de formación continua destes docentes, a través da actualización e o perfeccionamento das súas competencias profesionais.

A convocatoria deste ano dá prioridade aos proxectos de formación do profesorado que se desenvolvan a través de dúas liñas: a innovación científico-tecnolóxica e a innovación didáctica. Deste xeito facilítase a formación e a planificación precisas para poder elaborar os proxectos de innovación para os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación no ámbito da FP, convocados tamén por esta Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Cómpre salientar, tamén, que tanto esta convocatoria de formación do profesorado como a dos premios aos proxectos de innovación reforza o vínculo entre os centros educativos e o tecido produtivo e empresas, o que repercute positivamente na inserción laboral posterior do alumnado. Ademais, o feito de que as empresas da contorna poidan participar de xeito activo na planificación da formación do profesorado a través desta convocatoria contribúe a que o sistema educativo atenda mellor as necesidades dos diferentes sectores.

Por outra banda, as accións prioritarias desta convocatoria van na liña do obxectivo común formulado polos países da UE no marco estratéxico de educación e formación para 2020: incrementar a creatividade e a innovación, incluído o espírito empresarial, en todos os niveis da educación e da formación; así como mellorar a competencia dixital docente.

Ademais de nas devanditas dúas liñas prioritarias, poderanse presentar proxectos de formación do profesorado arredor da actualización da competencia dixital docentes, do deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencia, do plurilingüismo na FP, da organización e xestión, da actualización científica e didáctica do profesorado, da atención á diversidade, convivencia, equidade e igualdade de xénero e da orientación profesional, xestión do talento e emprendemento.

Solicitudes

Poderá participar nesta convocatoria o profesorado de FP dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade; así como o profesorado destinado noutros centros públicos, sempre que forme parte do cadro de persoal desta mesma Consellería e teña atribución docente nas ensinanzas de formación profesional.

Os proxectos de formación terán unha duración mínima de 20 horas e poderán desenvolverse desde o momento da súa autorización ata o 28 de maio de 2021. O procedemento de solicitude poderá iniciarse a través da aplicación informática FProfe ata o 27 de outubro.

Información xeral Proxectos de formación do profesorado de formación profesional Consellería de Cultura, Educación e Universidade Profesorado

A Xunta corrixirá en Galicia as debilidades do "decreto do aprobado xeral" do Ministerio de Educación

Ven, 10/16/2020 - 19:33
Idioma Gallego

Summary: 

Estanse preparando unhas normas propias de desenvolvemento que permitan preservar a calidade do sistema educativo galego e a cultura do esforzo Para a súa elaboración contarase coa participación da comunidade educativa

A Xunta corrixirá as debilidades do Real Decreto Lei de medidas urxentes no ámbito da educación non universitaria, aprobado polo Congreso dos Deputados, a través da elaboración dunhas normas propias de desenvolvemento. O obxectivo é, dentro da legalidade e das posibilidades desta norma, preservar a calidade e a equidade do sistema educativo galego.

O decreto, unha medida emprendida polo Ministerio de Educación, permite que un alumno poida promocionar de curso sen que se teña en conta o número de materias suspensas. En opinión do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, “esta norma racha coa función do sistema educativo como xerador de igualdade de oportunidades e merma a súa calidade”.

Neste sentido, considera que non ten sentido que o Goberno central decida aplicar ao contexto actual unhas medidas que foron pensadas para a situación excepcional de confinamento e suspensión total das clases presenciais que se produciu nos dous últimos trimestres do curso 2019/20. Tendo en conta que en Galicia se está a aplicar, con carácter xeral e salvo casos moi puntuais, a presencialidade completa no ensino obrigatorio, o axeitado é aplicar uns criterios máis próximos ao labor educativo habitual.

Incertezas nas familias

“O decreto do aprobado xeral xera preocupación e incertezas nas familias e nunha parte significativa da comunidade educativa que percibe que a súa aplicación pode repercutir nunha redución de calidade e a equidade do sistema”, explica.

As normas propias de Galicia materializaranse tecnicamente na elaboración dunhas instrucións. Para a súa elaboración, a Xunta contará coa participación da comunidade educativa a través do profesorado e a Inspección. Nelas, abordaranse cuestións como os criterios de promoción e titulación, así como a valoración do rendemento do alumnado. En calquera caso, terase en conta a posibilidade de adaptar o que se estableza ás circunstancias particulares que se poidan producir ao longo do curso escolar, como por exemplo corentenas de longa duración.

Queixa formal á ministra

O conselleiro Román Rodríguez xa enviou unha queixa formal á ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, na que se lamentaba a toma desta decisión de forma unilateral e sen abordala previamente coas comunidades autónomas.

Na carta remitida indicábaselle á ministra que posibilitar que un alumno pase de curso sen importar o número de suspensos “desprestixia a propia educación e o traballo de docentes e familias, vai en contra da cultura do esforzo e é profundamente antiequitativo”. Así mesmo, facíase fincapé no risco de “crear desigualdades entre o alumnado en función do seu lugar de residencia, xerando inseguridade xurídica e confusión normativa”; máis tendo en conta que Galicia conta cun dos sistemas educativos máis equitativos e inclusivos do Estado a día de hoxe.

Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Educación das persoas adultas

Resolución provisional de centros admitidos e excluídos no Club de Letras 2020/21

Ven, 10/16/2020 - 15:02
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución provisional do 16 de outubro de 2020 dos centros centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Club de Letras" para centros públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no curso 2020/21.

Anuncio principal: 

Convocada a participación no programa de innovación educativa “Club de Letras” para centros docentes públicos durante o curso 2020/2021

Tema: 

Plans e actuacións en innovación educativa

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de francés

Mér, 10/14/2020 - 19:50
Idioma Gallego

Resolución do 14 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de francés (590010).

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de lingua galega

Mér, 10/14/2020 - 19:45
Idioma Gallego

Resolución do 14 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de lingua galega e literatura (590053)

 

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

A Xunta ofrece formación sobre a covid-19 ao persoal non docente dos centros educativos

Mér, 10/14/2020 - 16:08

Summary: 

Vai dirixida ás persoas que desempeñan labores nos centros, co fin de darlles pautas en cuestións como a hixiene e a limpeza nesta situación A acción enmárcase no Plan de Continxencia para a Educación non presencial e semipresencial Idioma Gallego

A Xunta de Galicia está a ofrecer formación, a través do webinario sobre Medidas hixiénicas de prevención ante a covid-19 nos centros educativos, dirixida a persoal non docente. Os destinatarios desta acción son as persoas que desempeñan labores non docentes nos centros educativos, calquera que sexa a súa función.

A oferta desta formación púxose en coñecemento destas persoas a través dos centros nos que traballan, por exemplo persoal de limpeza e comedor. Ademais, a formación queda gravada e porase a disposición da comunidade educativa.

No webinario ofréceselle aos participantes formación arredor do Manual Covid de Hostalaría e Turismo na súa aplicación aos centros educativos, e dicir, desde a óptica do protocolo xeral e de comedores. Así mesmo, no referido aos protocolos de hixiene e limpeza, a formación segue as previsións establecidas con carácter xeral para os establecementos de hostalaría e restauración. A relatora do webinario é a bióloga especialista en microbioloxía e formadora do Centro Superior de Hostelería de Galicia nestas cuestións para o sector turístico e hostaleiro, Yolanda Torres Corral.

Esta acción formativa enmárcase no eixo 3, dirixido aos centros, do Plan de Continxencia para a Educación non presencial e semipresencial, no que se establecía que desde a Xunta se ofertará formación arredor das necesidades derivadas da pandemia da covid-19 para toda a comunidade educativa.

Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas Consellería de Cultura, Educación e Universidade Centros

Proxectos de formación para o profesorado de FP para o curso 2020-2021

Mér, 10/14/2020 - 11:13
Idioma Gallego

Publicada a convocatoria de proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2020-2021 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Cada proxecto deberá contar cun coordinador ou cunha coordinadora e poderá incorporar profesorado de diferentes centros que compartan a súa necesidade de formación, coa finalidade de acadar o óptimo aproveitamento dos recursos.

Tema: 

Información xeral Proxectos de formación do profesorado de formación profesional

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Formación Profesional Servizo de Ordenación e Formación Profesional

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín

Resolución da convocatoria do programa BIBLIOTECA CREATIVA para o curso 2020/21

Mér, 10/14/2020 - 10:55
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Convocatoria do proxecto BIBLIOTECA CREATIVA

Achégase arquivo coa Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 14 de outubro de 2020, pola que se publica a selección de 25 centros que se incorporan ao programa Biblioteca Creativa no curso 2020/21, así como as asignacións que reciben os centros de continuidade, en función dos anos de angüidade no programa, tal e como se contempla na convocatoria de 2 de setembro. En total son 102 os centros que integran este programa, todos eles centros PLAMBE con ensinanzas de infantil e/ou primaria, de titularidade da CCEU.

 

Tema: 

Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Educación infantil Educación primaria

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Centros

Colectivo: 

Centros

Publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

Mar, 10/13/2020 - 13:31
Idioma Gallego

Publicada a Resolución do 13 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidades de chinés (592004), italiano (592012) e xaponés (592013).

Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de chinés (592004), inglés (592011), italiano (592012) e xaponés (592013)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de idiomas de réxime especial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de FP, mantemento de vehículos

Mar, 10/13/2020 - 13:17
Idioma Gallego

Publicada a Resolución do 13 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de mantemento de vehículos (591209).

Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas.

 

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

O Comité Educativo traballará nun plan específico para o caso hipotético de corentenas de longa duración

Ven, 10/09/2020 - 13:51

Summary: 

Román Rodríguez explicou que o obxectivo é actuar con antelación e adiantarse a posibles escenarios que, en todo caso, non se contemplan neste momento Nel recolleranse os recursos pedagóxicos e tecnolóxicos que se terían que empregar para poder dar instrucións precisas e inmediatas no caso de chegar a esa circunstancia de peche total ou por zonas Idioma Gallego

O Comité Educativo aprobou hoxe comezar a traballar nun plan específico no que se recollan as medidas que sería necesario aplicar no caso hipotético de que se deba pasar a unha situación de corentena de longa duración, tanto se esta se produce por zonas como a nivel xeral.

Neste plan recolleranse os recursos pedagóxicos e tecnolóxicos que se deberán empregar en casos da suspensión da actividade presencial total, e compilaranse asuntos como o seguimento da actividade lectiva ou a avaliación.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade explicou que o peche total ou por zonas non é un escenario que se contemple neste momento, pero subliñou a importancia de traballar con antelación, adiantarnos e estar preparados. Neste sentido explicou que, unha vez se conte con este plan, de chegar o caso hipotético dunha corentena de longa duración, podería aplicarse de inmediato, dando instrucións precisas e previstas aos centros de ensino desde o punto de vista pedagóxico e organizativo, o que se sumaría así ás instrucións de medidas sanitarias.

Este documento incorporarase e actualizará o plan de continxencia elaborado por cada centro ao respecto –seguindo o establecido no Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021–e servirá para completalo e melloralo. Neste sentido destacouse o moi bo traballo que realizaron os centros na elaboración destes plans.

Protocolo de actividades extraescolares

Román Rodríguez informou, así mesmo, ao Comité educativo de que o Protocolo Complementario de Actividades Extraescolares en centros educativos vén de ser remitido ao Comité Clínico para a súa avaliación. A este respecto engadiu que, unha vez teña o visto bo das autoridades sanitarias, este documento remitirase aos centros, ás asociacións de nais e pais (ANPAs) e aos concellos para que teñan constancia de que estas actividades se poden desenvolver, sempre e cando se cumpran as normas ditadas polas autoridades sanitarias.

Neste sentido o conselleiro recordou que a finalidade das recomendacións e protocolos nos que se está traballando desde a Xunta é facer un reforzo da garantía de seguridade sanitaria dos centros de ensino no contexto da covid-19.

Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas Consellería de Cultura, Educación e Universidade Profesorado Alumnado Familias Centros

Concesión das axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2020

Ven, 10/09/2020 - 10:01
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 2 de outubro de 2020 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2020.

 

Anuncio principal: 

Axudas para financiar as actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado, e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial, para o ano 2020

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Subdirección Xeral de Centros

Colectivo: 

Familias

Listaxes coas puntuacións definitivas das persoas admitidas e excluídas, período extraordinario, das prazas nos centros residenciais docentes da Coruña e Ourense para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/2021

Ven, 10/09/2020 - 09:35
Idioma Gallego

Resolución do 9 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a listaxe coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación definitiva de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión; así mesmo, a relación de persoas adxudicatarias con indicación do centro docente no que están matriculadas, e a relación de suplentes, de ser o caso, correspondentes ao período extraordinario, de acordo co previsto nos artigos 5.2 e 34 da Orde do 29 de maio de 2020 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2020/21 (DOG núm. 111, do 9 de xuño).

  • Prazo para interpoñer recurso de alzada: 1 mes (entre os días 13 de outubro e 9 de novembro de 2020), ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

 

Anuncio principal: 

Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/2021

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Centros

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros


by Dr. Radut