Skip to Content

Educación Musical

A frauta

A escala de "Do" na frauta para que ensaiedes en casa, pódese descargar o arquivo en pdf pinchando na imaxe.

Os compases

Neste esquema se vos explica os compases, se queredes ver o arquivo pdf hai que pinchar na imaxe.

Frai Felipe

Aquí tedes o canon popular francés titulado "Fray Felipe" para que podades practicar na casa, podedes velo na versión pdf pinchando sobre a imaxe.

 

A orquestra

Isto é unha orquestra:

   

 

Pola unha

Letra e partitura de "Pola unha"

 

Os cesteiros

Letra e música de "Os cesteiros".

"Canción de cuna" de Brahms

Aquí tedes a "Canción de Cuna" de Brahms.

Concerto didáctico: "A cincenta"

O vindeiro 26 de xaneiro o alumnado de 1º e 2º ciclos de E.P. asistirá a un concerto, dentro da programación didáctica da Orquestra Sinfónica de Galicia, que leva por título "A cincenta".

O evento será no Pazo da Ópera ás 10:30h. con saída do centro ás 10h.

Aproveitando que as vacacións do Nadal están próximas o alumnado pode acceder e botarlle unha ollada á unidade didáctica aportada pola OSG descargando o arquivo que se achega. Tamén recomendamos a páxina web da OSG onde podedes obter información que pode resultar de utilidade.

Cantiga para durmir a un neno

CANTIGA “PRA” DURMIR A UN NENO 

CANTIGA “PARA” DURMIR A UN NENO 


(Poema de Celso Emilio Ferreiro)

 

A Coruña ten un vento, 

A Coruña un vento ten, 

un vento pelegriñante,

un vento que vai e vén.

Un vento que é  mais que vento

é un teimoso roncón

fungando polos tellados

con grave e tristeiro son.

 

 

 

 

 

De día vai cos paxaros

e anda a brincar polas hortas.

De noite ven cos morcegos

e anda a petar polas portas.

Meu neno, non teñas medo,

que este vento é (o) meu amigo

e anque rosma polas rúas

non te levará consigo.

 

 

 

 

 

O vento atópase canso

do seu constante bulir.

Deitouse nos piñeirais,

coma nun berce, a dormir.

E o vento que rebulía,

A Coruña xa  non ten.

O meu neno está durmido

e o vento durmiu tamén.


Este vento vagamundo,

vai coa lúa, ven co sol,

vai cós mozos, vén cós vellos,

vai coa neve, vén coa frol.

Vai coas nubes viaixeiras

por camiños de romaxe.

Vén co pandeiro da chuvia

repenicando a paisaxe.

 

 

 

 

 

 

 

Vento que vas á ventura,

¿non ollas cómo che aceno?

Vaite de aquí paseniño,

deixa dormir ó meu neno.

¿Onde se marchou meu pai

o ventiño reiseñol,

ventiño de doce gaita,

ónde se foi co seu fol?

 


 

Cancións do 3º nivel E.P.

 

 
 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut