You are hereRecomendámosche

Recomendámosche


O pracer de ler

Teño que recordarvos a todos que na biblioteca están esperándovos moitas novidades. Acaba de chegar o último premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil; tamén varios exemplares do último libro premiado pola Deputación da Coruña. Podedes pasar a recoller e ler os libros máis lidos polos nenos e nenas do curso pasado:

"Diarios de Greg": Temos os cinco (e por duplicado)

"Cuatro amigos y medio": a colección completa.

"Gerónimo Stiltton": unha morea deles.

O pracer de ler

Hoxe lémbrovos que xa está a funcionar a Comicoteca da biblioteca. Mercamos novos libros que fomos rexistrando co código C1, C2, C3... Quédanos por cambiar a numeración dos cómics antigos, pero todo se andará. Esta nova sección está situada a continuación dos ordenadores, xirando a esquerda. Alí atoparedes os Tintín, Astérix, Mortadelo y Filemón, Superlópez ,Pepe  Gotera...e incluso novidades coma o cómic de Memorias de Idhún que tantos fans ten entre o alumnado do terceiro ciclo. Esperamosvos.