Skip to Content

Campaña de Recollida de Alimentos

Como cada ano no CEIP Eusebio da Guarda estamos a colaborar co Banco de Alimentos Rías Altas nunha Campaña de Recollida de Alimentos a favor de Barial e acadamos a cifra de 522,77 kg de alimentos.

 

Moitísimas gracias familias pola vosa colaboración!

2023-10-26 09.29.03.jpg

Charla Virtual da Policía Nacional o alumnado de 5º e 6º de EP

A semana do 22 a 26 de marzo, o  alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu de xeito virtual á Policia Nacional, dentro do PLAN DIRECTOR, para concienciar aos nenos e nenas dos perigos e da seguridade das redes sociais.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Charla Virtual da policia para 5º e 6º EP

ESPAZO ABALAR FAMILIAS

Aquí deixamos un enlace a un vídeo que pode resultar de interese para as familias á hora de usar ABALAR MÓBIL.

VIDEO TITORIAL FAMILIAS.

 

Saúdos.

 

Novos horarios e ubicación nas entradas e saídas do alumnado.

Estimadas familias:

Xuntamos o esquema cos novos horarios e ubicación do alumnado para as entradas e saídas do Centro a partir do luns 28 de setembro.

VER ESQUEMA.

 

ENTRADAS / SAÍDAS PASEO MARÍTIMO

Queridas familias.

Debido á situación actual de pandemia e coa finalidade de evitar aglomeracións nas entradas e saídas pola Praza Pontevedra, tiñamos a intención de habilitar o uso da porta traseira que dá ao paseo marítimo.

Distribuir contido


by Dr. Radut