SIN CHUVIA

 

 

CON CHUVIA



Bos días,

Estes días tivemos visitas moi especiais. Viñeron vernos os Reis Magos e o Apalpador! Podedes ver que ben o pasamos nesta galería de imaxes.



Boas tardes,

Coma cada curso por estas datas, compartimos con vós este Calendario de Advento que preparamos con actividades do Nadal para realizar cada día a que corresponda. Esperamos que o desfrutedes.

 



O martes 31 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Pasamos unha xornada de medo e misterio con contacontos, exposición de cabazas, disfraces e ambientación centrada nesta popular festividade celta. Aquí vos deixamos este vídeo para que poidades ver que ben o pasamos!



Vídeo da carreira celebrada o 23 de outubro, a favor da ONG Uno Entre Cien Mil. Esperamos que vos guste!



O PASADO XOVES VISITOUNOS EVA, A NUTRICIONISTA DO CENTRO DE SAÚDE, E CON ELA APRENDEMOS MOITO E FIXEMOS UNS TALLERES MOI DIVERTIDOS!

 



O pasado 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas cun evento moi especial no que todo o alumnado, desde infantil ata 6º de primaria, participaron na conmemoración. Deixámosvos aquí este vídeo para que vexades como foi.



O pasado 18 e 19 de maio o servizo de ambulancias e de bombeiros, visitaron o noso centro para ensinarnos o seu traballo. trouxeron os seus equipos e vehículos! dende o Vila de Cee agradecemos o tempo dedicado que lle prestaron aos nenos con tanto cariño!



O pasado venres, 17 de febreiro tivemos unha xornada moi especial no cole. Celebramos o Entroido, e para que vexades que ben o pasamos, deixámosvos este vídeo de como foi. Preme na imaxe para velo.



Nestas últimas semanas celebramos no colexio o Samaín e Magosto. Premendo na imaxe correspondente poderedes ver canto o desfrutamos. Esperamos que vos gusten!



Esta fin de semana celébrase o Campionato do Mundo de Bailes Caribeños IDO 2022 en Varsovia (Polonia).

Serena, alumna do noso cole, e o seu compañeiro Raúl, remataron como campións do Mundo de bachata e subcampións en salsa e merengue.
Ademais, son os actuals campións de Galicia e de España.

Serena rematou tamén, xunto coa compañeira Sara, campioa do mundo en bachata feminina por parellas.

Dende o cole queremos darvos a nosa noraboa e dicirvos o orgullosos que estamos de vós!



Preme en "stoupa" para ver o proxecto que realizaron os nenos e nenas de 6ºA unha autentica chulada pobre o empoderamento da muller nos oficios do mar!



Boa tarde,

Aquí vos deixamos este vídeo da celebración do Entroido. Preme na imaxe para velo!



 

Coa música de TERRA - Tanxugueiras

 

Ailaralalá

O entroido chega.
Ailaralalala

con orgullo vai.

Ailaralalá

cos nosos disfraces
Ailaralalala

 

De volantes de Chantada

de madamas e galáns

e tamén de peliqueiros Infantil
viva o tradicional.

Viva o tradicional

viva o tradicional,

Viva Galiza.

 

Pola mañá saen os vellos

cos gatos a pasear,

pero pola noite festa

unha rumba van bailar. 3º primaria

Unha rumba van bailar,

unha rumba van bailar,
pola noite festa.

 

Ailaralalá
na Costa da Morte
Ailaralalá
o polbo e o mar.

Ailaralalá                 1º primaria
son de calidade
Ailaralalá
O mellor que hai.

 

Esta noite cearemos

filloas, grelos, lacón

e tamén nos fartaremos

de churrasco e xamón.     2º e 5º primaria

De churrasco e xamón,

de churrasco e xamón.

Esta noite cearemos.

 

Ailaralalá
veñen camiñando.
Ailaralalá
son os peregríns.  4º primaria

Ailaralalá
andan sen descanso.
Ailaralalá
chegan ata o fin.

 

 

Ailaralalá
falla a cobertura.
Ailaralalá
no medio rural.        6º primaria

Ailaralalá
A xente gandeira
Ailaralalá
é fenomenal


Aí veñen, Aí veñen
Veñen pra quedar                baile
O entroido do Euxenio

está a desfilar.

 

Está a desfilar,

está a desfilar.

O entroido do Euxenio
vaino petar.

 

 

Está a desfilar

Está a desfilar

Está a desfilar

 

Está a desfilar

Está a desfilar

Está a desfilar aturuxo

 

 

 

Ailaralalá

O entroido chega.
Ailaralalala

con orgullo vai.

Ailaralalá

cos nosos disfraces
Ailaralalala

Imos desfilar.

 

Ailaralalá

O entroido chega.
Ailaralalala

con orgullo vai.

Ailaralalá

cos nosos disfraces
Ailaralalala

Imos desfilar.

 

 



Bos días!

Como a semana que vén celebramos o Entroido, deixámosvos aquí os mandados do Meco para que os poidades consultar.

 



AO LONGO DA XORNADA, O ALUMNADO COLOCOU NA REIXA LAZOS AMARELOS PARA CONTRIBUIR NESTE DÍA.

ADEMAIS DENDE A FUNDACIÓN ALADINA PEDIRON QUE O ALUMNADO VIÑERA CUN PANO NA CABEZA PARA RENDIR HOMENAXE AO NENOS/AS E ADOLESCENTES QUE A CAUSA DO CANCRO E OS SEUS TRATAMENTOS PERDEN O PELO

 

 

 



Con motivo do proxecto trimestral que estivemos levando a cabo o alumnado de 6ºA sobre unha civilización tan interesante como é a do "Antigo Exipto", queremos compartir con vós un dos produtos resultantes da nosa investigación. Trátase dunha entrevista que tivemos a oportunidade de realizar a un grupo de arqueólogos e exiptólogos que, durante estes meses, se atopaban excavando en Luxor.

Estes expertos forman parte da Misión Arqueolóxica Española do Instituto de Estudos do Antigo Exipto que está na súa XIII Campaña do Proxecto Visir Amen-Hotep Huy, polo que, aproveitamos para preguntarlles algunhas dúbidas que nos foron xurdindo así como cuestións concretas da labor que estiveron desempeñando.

Esperamos que o disfrutedes e aprendades tanto coma nós.




TOD@S BAIXO O MESMO PARAUGAS!

 



 

 

Preme na imaxe para acceder



Preme na imaxe para ver a presentación do Samaín 2021.



Preme na imaxe para ver o vídeo do Magosto en Educación Primaria.



Boas noites de Samaín!

Esperamos que esteades pasando un Samaín terrorífico... aquí vos deixamos esta produción, esperamos que a desfrutedes moito!



Preme na imaxe para poder ver o video do SAMAÍN 2021 en educación infantil



Desde o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares queremos felicitarvos pola ampla acollida e participación que tivo a exposición de cabazas que se celebrou ó longo desta semana. É para nós un orgullo que, grazas a vós, se manteña viva a antiga tradición celta do Samaín; e para recoñecer a vosa participación, gustaríanos agasallarvos con este diploma, que vos deixamos como imaxe adxunta por se o queredes conservar (atópase ao pé desta imaxe).



PREME NA IMAXE PARA VER O VIDEO



Insírese un vídeo do "Making off" sobre o mural conmemorativo do 8 de marzo elaborado polo alumnado de 6º de Educación Primaria.

 

https://drive.google.com/file/d/1TPpHjbzSKgaEMMeDbYBTvCKCDUnbHDlN/view?usp=drivesdk



Insirimos unha mostra de todo o proceso que seguiu o alumnado de Educación Primaria para elaborar o mural inspirado no libro que traballamos na semana do 25 de novembro, con motivo do Día internacional contra a violencia de xénero, e que leva por título: "Non aos beixos forzados".

 

Agardamos que vos guste!

 

https://drive.google.com/file/d/1DCutx3a1KV3McqULasEx3MhuqaX3xA27/view?usp=drivesdk



Hoxe día 25 de novembro presentamos a adaptación que realizou o CEIP Plurilingüe Eugenio López sobre a obra orixinal de Marion Mebes de "Nin un biquiño á forza", titulándose "Non aos beixos forzados" e narrada polo alumnado de Educación Infantil.

Esperamos que gocedes moito desta obra.

https://drive.google.com/file/d/1njfuOdbFoTIayD_FWHbz5zKta-Pt7wNm/view?usp=drivesdk

https://drive.google.com/file/d/1njfuOdbFoTIayD_FWHbz5zKta-Pt7wNm/view?usp=drivesdk

https://drive.google.com/file/d/1njfuOdbFoTIayD_FWHbz5zKta-Pt7wNm/view?usp=drivesdk

 

Powered by Drupal - Design by artinet