Skip to Content

 

   

INICIO DO CURSO 2024-2025

Estimadas familias, un novo curso comeza con novas ilusións e retos.

 

 

ORGANIZACIÓN DO PRIMEIRO DÍA

  • O curso comeza o día 11 de setembro ás 9:00 ata as 14:00.
  • O alumnado de infantil accede pola porta de acceso 1 e o alumnado de educación primaria pola porta 3 (aquel alumnado que teña irmáns en infantil pode acceder pola porta 1). 
  • O horario de apertura de acceso ao centro é a partir das 08:50 exclusivamente para o alumnado, sendo vixiado o interior polo profesorado asignado. 
  • As familias poderán acceder a partir das 9:10  ao interior do centro por cuestións administrativas.
  • O alumnado de primaria terá un acto de benvida en usos múltiples, non precisando traer ningún material escolar para dita xornada.

 

HORARIO ANUAL DO ALUMNADO

NIVEL HORARIO ENTRADA HORARIO SAÍDA PORTA
4ºEI 9:05 13:45 1
5ºEI 9:00

13:50

1
6ºEI 9:00 13:55 1
1ºEP 9:00 14:00 3
2ºEP 9:00 14:00 3
3ºEP 9:00 14:00 3
4ºEP 9:00 14:00 3
5ºEP 9:00 14:00 3
6ºEP 9:00 14:00 3

 

COMEDOR ESCOLAR

  • Comezará o día 11 de setembro de 2024 nas quendas de almorzo e xantar e rematará o día 20 de xuño de 2025. O alumnado apuntado no aplicativo Colechef con antelación.
    As familias podedes anotar ou cancelar o servizo de luns a venres sempre antes das 18:00.

  • Importe
    Almorzo 2,42€
    Xantar 5,46€

  • O servizo de comedor terá as seguintes quendas:

    1. Servizo de almorzo de 7:30 a 9:00h. (o alumnado ten de horario límite para entrar ás 8:30)
    2. Servizo de xantar de 14:00 a 16:00h. (o monitorado fará dúas horas de saída: ás 15:30 e ás 16:00, aquel alumnado que asista ás actividades extraescolares será entregado ao monitorado de cada actividade).

    Para poder apuntarse ao servizo é preciso inscribirse a través do aplicativo COLECHEF.

CONSULTA DE DÚBIDAS SOBRE A APP
Teléfono de contacto: 942 420 018
soporteapp@colechef.com

 

PROBLEMAS PARA ANOTARSE NO ALMORZO OU XANTAR 

Enviar un correo electrónico ao enderezo info@alimentacionsaludablegallega.net

Indicar o centro (CEIP Esteiro), o nome e apelidos do/a usuario/a

 

TELÉFONO COMEDOR URXENCIAS 

 Teléfono de contacto do comedor do CEIP Esteiro: 619 99 36 24

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (o alumnado levará a folla de inscripción nos vindeiros días)

  • Comezarán en outubro ata maio
  • Cada actividade terá unha duración de 90 minutos dende as 16:00 ata as 17:30.

    ACTIVIDADE

    ALUMANDO AO QUE SE DIRIXE

    DÍA DA SEMANA

    RECURSOS DO CENTRO

    1.

    Patinaxe: patíns [EI]

    4º, 5º e 6º Ed. Infantil

    Luns

    Pavillón

    2.

    Patinaxe: patíns [EP1-EP2]

    1º e 2º Ed. Primaria

    Martes

    Pavillón

    3.

    Patinaxe: patíns [EP3-EP6]

    3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

    Mércores

    Pavillón

    4.

    Debuxo e pintura [EI-EP2]

    4º, 5º e 6º Ed. Infantil

    1º e 2º Ed. Primaria

    Martes

    Usos múltiples

    5.

    Debuxo e pintura [EP3-EP6]

    3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

    Luns

    Usos múltiples

    6.

    Baile moderno [EP1-EP6]

    1º, 2º, 3º, 4º, 5º E 6º Ed. Primaria

    Xoves

    Pavillón

    7.

    Xogando coa ciencia [EI-EP2]

    4º, 5º e 6º Ed. Infantil

    1º e 2º Ed. Primaria

    Mércores

    Aula creativa

    8.

    Xogando coa ciencia [EP3-EP6]

    3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

    Venres

    Aula creativa

    9.

    Teatro [EI-EP2]

    4º, 5º e 6º Ed. Infantil

    1º e 2º Ed. Primaria

    Venres

    Usos múltiples

    10.

    Teatro [EP3-EP6]

    3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

    Xoves

    Usos múltiples

    11.

    Xogos cooperativos e xogos populares

    4º, 5º e 6º Ed. Infantil

    1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

    Mércores

    Usos múltiples e patio cuberto

    12.

    Guitarra

    4º, 5º e 6º Ed. Infantil

    1º e 2ºEd. Primaria

    Xoves

    Aula de música

    13.

    Guitarra

    3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

    Martes

    Aula de música

CALENDARIO DE DATAS DE INTERESE

 

 

AdxuntoTamaño
20240905_DíasInterese_Familias.pdf72.52 KB
20240906_Acceso_Colechef.pdf556.45 KB
Autorización para a recollida nas actividades extraescolares_PLANTILLA.pdf202.63 KB


page | by Dr. Radut