Curso 2019/2020
DÍA E MES DAS LETRAS GALEGAS.
Hoxe, 17 de maio do 2020, celebramos o día das Letras Galegas nunhas circunstancias totalmente inesperadas. Este ano o homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero e por iso queremos compartir novos recursos que nos permitan coñecer máis acerca deste traballador incansable, a pesar das circunstancias, profesor, escritor de destacadas obras en todos os xéneros: poesía, narrativa, teatro, ensaio... Para pasalo ben e aprender xogando, por favor, pica na imaxe!!
LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO
LETRAS GALEGAS: RICARDO CARVALHO CALERO
Medidas en relación ao covid-19
Luns, 16 de marzo de 2020
Comunicación aclaratoria das instrucións en materia de presenza de persoal nos centros de ensino non universitario
Diante das modificacións derivadas da declaración do estado de alarma, acláranse as últimas instrucións:
1. Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mais de seis unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas.
PROCESO DE ADMISIÓN
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes
Achegamos o enlace ás medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020
LETRAS GALEGAS 2020: Ricardo Carvalho Calero
ESTE ANO 2020 HOMENAXEAMOS A DON RICARDO CARVALHO CALERO
Aquí iremos subindo distintos recursos que poidamos aproveitar, sobre a figura deste autor. Se coñededes algún máis, agradeceremos moitísimo que nolo comuniquedes do xeito que queirades, por exemplo, mediante unha mensaxe ao correo electrónico edlgespinheira.aldan@gmail.com
ENLACES:
LIÑA DO TEMPO
https://www.sutori.com/story/ricardo-carvalho-calero--CpYg8cV6Twxt5cHcuuoaF1M2
UNIDADE DIDÁCTICA
NOTICIAS
3 DE DECEMBRO - DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O pasado día 3 de decembro conmemorouse o día das persoas con discapacidade.
Debido a isto, o día 29 de novembro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria realizou a actividade "Baixo o mesmo paraugas" de maneira conxunta con varios rapaces do centro Xoan XXIII.
Esta dinámica de sensibilización cara as persoas con discapacidade consistiu na customización de paraugas co fin de representar unha sociedade diversa na que se acolla a todos por igual, co mesmo desexo de convivencia e se evite a discriminación.
Estes parauagas foron levados o día 3 á manifestación que tivo lugar en Pontevedra.
25 DE NOVEMBRO - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O pasado luns 25 de novembro conmemoramos o día contra a violencia de xénero. Xuntámonos no auditorio de Cangas con outros coles do concello para actuar en repulsa destes actos.
Se queredes ver a nosa actuación so tedes que premer na imaxe inferior.
Ademais disto, no cole estivemos traballando co conto de Artur e Clementina. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º no contexto lingüístico prepararon un contacontos para os demais nenos, reflexionaron sobre a actitude de Artur e ata inventaron un novo final.
Velaí vai parte do seu traballo, esperamos que vos guste!
Reflexións sobre o conto.
INFORMACIÓN SOBRE O COMEDOR ESCOLAR
INFORMACIÓN SOBRE OS COMEDORES ESCOLARES XESTIONADOS POLO CONCELLO DE CANGAS CURSO 2019/2020: CEIP A RÚA, CEIP NAZARET, CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN, CEIP HIO
- A empresa Alimentación Saludable Gallega S.L. será a encargada dos comedores escolares durante o curso 2019/2020
- Para darse de alta no servizo deberá enviar a ficha que se acompaña con todos os datos cubertos a Alimentación Saludable Gallega S.L. ao seu email info@alimentacionsaludablegallega.com ou por fax (nº 986454013). Para os/as alumnos/as que queiran empezar en setembro o prazo remataría o 5 de setembro. Do 2 ao 5 de setembro tamén se poderá entregar a ficha nos centros escolares.
- É moi importante que a ficha esté ben cuberta e asinada nos lugares correspondentes, asi como reiterar a importancia de facilitar os datos de alerxias, intolerancias,.. a través de certificación médica.
- Calqueira outra información de importancia a considerar polas familias, deberá engadirse a inscripción.
5.- Os comedores escolares iniciarán a súa actividade o día 11 de setembro, data oficial de inicio do curso escolar en infantil e primaria.
