Curso 2019/2020

PARABÉNS, ROSALÍA!!!

Hoxe é o 183 aniversario da nosa poetísa máis universal. Alumnado de 3º e 4º recitaron poemas durante estes últimos días, aí vos vai unha pequena mostra:

 

Día da radio

Hoxe, 13 de febreiro, é o día da mundial da radio e pensamos... non será esta a mellor data para estrear Espiñeira nas ondas?

Velaí vos vai o primeiro podcast feito no cole polo alumnado de terceiro de primaria.

Ata a próxima!

 

 

OS NOSOS DEREITOS

AQUÍ PODEMOS ATOPAR MOITA INFORMACIÓN ADAPTADA ÁS DIFERENTES IDADES SOBRE OS DEREITOS DAS NENAS E NENOS

https://infanciagalicia.org/convencion-sobre-os-dereitos-do-neno/

A DANZA DE ALDÁN

Aquí tedes un Edilim sobre a Danza de Aldán:

3 DE DECEMBRO - DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

16/12/2019
Atlantic/Bermuda

O pasado día 3 de decembro conmemorouse o día das persoas con discapacidade.

Debido a isto, o día 29 de novembro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria realizou a actividade "Baixo o mesmo paraugas" de maneira conxunta con varios rapaces do centro Xoan XXIII. 

Esta dinámica de sensibilización cara as persoas con discapacidade consistiu na customización de paraugas co fin de representar unha sociedade diversa na que se acolla a todos por igual, co mesmo desexo de convivencia e se evite a discriminación.

Estes parauagas foron levados o día 3 á manifestación que tivo lugar en Pontevedra.

GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA 2019-2020

COMA ESTES ÚLTIMOS ANOS, AQUÍ ESTÁN AS NOVAS GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA PARA ESTE CURSO. COA MELLOR DAS INTENCIÓNS, PROFESORADO DOS DISTINTOS NIVEIS ELIXE ENTRE AS PUBLICACIÓNS NOVAS, OU REEDICIÓNS, DOS ÚLTIMOS 12 MESES APROXIMADAMENTE, DESDE OUTUBRO A OUTUBRO DE CADA ANO. ASÍ PÓDENSE REPARTIR E DIFUNDIR A PRINCIPIOS DE  CADA DECEMBRO, COMO NOS SOLICITAN.

 ATRÉVETE A ABRILO!

 O obxectivo é facer chegar ás familias e a todo o resto da comunidade educativa, suxestións de lecturas e música en galego para todas as idades. Seguro que aquí atoparedes moitas ideas para mercar agasallos no Nadal, en aniversarios, ou en calquera día, incluso agasallarvos a vós mesmos/as.

 

 
Mandamos unha grande aperta a Esteban Acuña, de Tarabelos: títeres e contacontos, Demostrou a súa xenerosidade facendo esta ilustración tan fermosa. Moitísimas grazas, Esteban: es un artistazo! 
Agradecemos tamén a Ana, coordinadora do EDLG do C.E.I.P. Seixo de Marín, o seu extraordinario labor, así como a todo o resto do profesorado que colabora para que todo isto saia adiante.
Hai tres guías adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e bacharelato), para que poidades acertar máis cos agasallos e que este nadal, e sempre que queirades, as casas se enchan de lecturas, discos cheos de boas músicas... As tres levan tamén un apartado para persoas adultas.
Agradecemos moito a maior difusión que poidades!
Premede en cada imaxe para acceder ás dúas páxinas con todas as recomendacións desa idade e velas con máis calidade.





 
Tamén neste cartel tedes todas as recomendacións. Gozádeas e compartídeas para que así poidan chegar a todas as persoas ás que poidan servirlles. Moitísimas grazas.
 

 

Se buscades un bo libro, cd ou dvd, editado hai máis dun ano, podedes atopalos na marxe dereita desta web, onde pon

Equipo de Dinamización Lingüística e premer enriba do apartado

As nosas recomendacións

Lembrade que tamén podedes votar, xogar, aprender... moito no resto dos apartados, así como pulsando enriba das imaxes desa marxe dereita e noutros moitos lugares.

FONDAS APERTAS E QUE VOS APROVEITE!

 

25 DE NOVEMBRO

Aquí tedes a música para que practiquedes a canción que imos interpretar o 25 de novembro:

 

 

Distribuir contido

Espiñeira nas ondas

Observa-acción 2018-2019/2019-2020

FOMOS PREMIADOS NO "CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS"

Galardonados co premio LIA

Eventos

« Abril 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Proxceto de Historia: Unha viaxe polo tempo

      

Novo Proxecto Educativo