Guías de lectura

GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA 2016-17

Despois de moito traballo, aquí van as novas guías deste curso.

Quedamos á vosa disposición por se houbese algo no que puidésemos axudar.

É o mellor que atopamos, entre moitas persoas, do publicado ou reeditado desde hai 12 meses, máis ou menos, cando fixemos as anteriores. Tamén quixemos poñer algo de Carlos Casares, autor homenaxeado para o 2017, e de Ag. Fdez Paz, para nós todo un referente e un exemplo en moitas facetas, que desgraciadamente nos deixou este ano.

Podedes difundilas canto máis mellor. Como sabedes moitas persoas nos dicían que non saía apenas información sobre novidades que estiveran ben en lingua galega. Por iso levamos xa uns aniños facéndoas. 

Que as poidades aproveitar, vós e as vosas amizades, familiares e quen queirades, o máximo posible. Se alguén quere que se lle envíen por whatsaap que avise ao 661849441 e se lle farán chegar, sen problema.

Unha agarimosa aperta xunto cos nosos mellores desexos e moitos ánimos.

 
 
 
 

MIRADE, HAI ONDE ESCOLLER!

Botade unha ollada, por favor, a estes enlaces e comprobaredes que hai onde escoller, moito e variado. Incluso podedes atopar aplicacións de balde para teléfonos móbiles e outros dispositivos, descargas gratuítas de música...{#emotions_dlg.laughing}

AGASALLOS VARIADOS

Tamén nesta páxina hai moito e moi variado Canso

ONDE ESCOLLER  

 

E non esquezades dar unha volta tamén polas Recomendacións da Coordinadora de EDLGs. do Morrazo sobre libros, libros+cd ou dvd... publicados nos últimos meses  Guiño

REGALA GALEGO

Recomendacións

Dende a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo (na que nós tamén estamos incluídos), recomendámosvos estas publicacións, agardando que algunhas vos gusten e poidades gozar delas.

 

Adultos

Powered by Drupal - Design by artinet