GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA 2019-2020

COMA ESTES ÚLTIMOS ANOS, AQUÍ ESTÁN AS NOVAS GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA PARA ESTE CURSO. COA MELLOR DAS INTENCIÓNS, PROFESORADO DOS DISTINTOS NIVEIS ELIXE ENTRE AS PUBLICACIÓNS NOVAS, OU REEDICIÓNS, DOS ÚLTIMOS 12 MESES APROXIMADAMENTE, DESDE OUTUBRO A OUTUBRO DE CADA ANO. ASÍ PÓDENSE REPARTIR E DIFUNDIR A PRINCIPIOS DE  CADA DECEMBRO, COMO NOS SOLICITAN.

 ATRÉVETE A ABRILO!

 O obxectivo é facer chegar ás familias e a todo o resto da comunidade educativa, suxestións de lecturas e música en galego para todas as idades. Seguro que aquí atoparedes moitas ideas para mercar agasallos no Nadal, en aniversarios, ou en calquera día, incluso agasallarvos a vós mesmos/as.

 

 
Mandamos unha grande aperta a Esteban Acuña, de Tarabelos: títeres e contacontos, Demostrou a súa xenerosidade facendo esta ilustración tan fermosa. Moitísimas grazas, Esteban: es un artistazo! 
Agradecemos tamén a Ana, coordinadora do EDLG do C.E.I.P. Seixo de Marín, o seu extraordinario labor, así como a todo o resto do profesorado que colabora para que todo isto saia adiante.
Hai tres guías adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e bacharelato), para que poidades acertar máis cos agasallos e que este nadal, e sempre que queirades, as casas se enchan de lecturas, discos cheos de boas músicas... As tres levan tamén un apartado para persoas adultas.
Agradecemos moito a maior difusión que poidades!
Premede en cada imaxe para acceder ás dúas páxinas con todas as recomendacións desa idade e velas con máis calidade.





 
Tamén neste cartel tedes todas as recomendacións. Gozádeas e compartídeas para que así poidan chegar a todas as persoas ás que poidan servirlles. Moitísimas grazas.
 

 

Se buscades un bo libro, cd ou dvd, editado hai máis dun ano, podedes atopalos na marxe dereita desta web, onde pon

Equipo de Dinamización Lingüística e premer enriba do apartado

As nosas recomendacións

Lembrade que tamén podedes votar, xogar, aprender... moito no resto dos apartados, así como pulsando enriba das imaxes desa marxe dereita e noutros moitos lugares.

FONDAS APERTAS E QUE VOS APROVEITE!

 

Back to top