GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA 2016-17

Despois de moito traballo, aquí van as novas guías deste curso.

Quedamos á vosa disposición por se houbese algo no que puidésemos axudar.

É o mellor que atopamos, entre moitas persoas, do publicado ou reeditado desde hai 12 meses, máis ou menos, cando fixemos as anteriores. Tamén quixemos poñer algo de Carlos Casares, autor homenaxeado para o 2017, e de Ag. Fdez Paz, para nós todo un referente e un exemplo en moitas facetas, que desgraciadamente nos deixou este ano.

Podedes difundilas canto máis mellor. Como sabedes moitas persoas nos dicían que non saía apenas información sobre novidades que estiveran ben en lingua galega. Por iso levamos xa uns aniños facéndoas. 

Que as poidades aproveitar, vós e as vosas amizades, familiares e quen queirades, o máximo posible. Se alguén quere que se lle envíen por whatsaap que avise ao 661849441 e se lle farán chegar, sen problema.

Unha agarimosa aperta xunto cos nosos mellores desexos e moitos ánimos.

 
 
 
 

Espiñeira nas ondas

Observa-acción 2018-2019/2019-2020

FOMOS PREMIADOS NO "CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS"

Galardonados co premio LIA

Eventos

« Abril 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Proxceto de Historia: Unha viaxe polo tempo

      

Novo Proxecto Educativo