CONCURSO DE ADHESIVOS 2016

Coma estes últimos anos, convocamos un concurso de adhesivos para animar a usar máis a lingua galega, a falala, a escribila, a utilizala máis, en xeral. É un moi bo xeito de poder mellorar na expresión oral e escrita, aprendela ben...

Aquí van as condicións do concurso e tamén algúns adhesivos destes anos pasados. PODEDES FACELOS CHEGAR AO CENTRO DE CALQUERA XEITO. Se vos resulta mellor, mediante o enderezo de correo electrónico edlgespinheira.aldan@gmail.com

Pode participar toda persoa que o desexe,de calquera idade, de xeito individual ou facelo entre varias persoas,do alumnado, profesorado, persoal non docente, irmáns, irmás, nais, pais, avoas, avós, tíos, tías, curmás, curmáns... Tamén as vosas amizades...

O prazo para a entrega rematará o martes 14 de xuño de 2016. Poderá haber un ou dous adhesivos gañadores, dependendo do xurado, que se distribuirán entre todos os membros da nosa comunidade educativa e farase chegar tamén dalgún xeito aos demais centros da zona.

  • A persoa ou persoas gañadoras poderán escoller como premio un CD, ou Libro con CD e/ou DVD, con cancións en galego, que se poida conseguir no mercado.SorrisoSorprendido

 

Agradecemos tamén moito que poidades seguir participando, comentando e votando nos nosos concursos:

QUE CANCIÓNS GALEGAS NOS GUSTAN MÁIS?   http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/node/477

AS PALABRAS MÁIS FERMOSAS    http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/node/458

CONCURSO DE CHISTES E CONTOS CURTOS CON HUMOR http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/node/456

OS NOSOS POEMAS FAVORITOS      http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/node/479

Back to top