Consulta ás familias sobre o idioma

Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística enviannos en arquivo anexo (tamén en http://www.coordinadoraendl.org/doc/linguassuman.pdf) un tríptico informativo que poñemos á disposición de todos aqueles ENDL, ANPAS, direccións de centros ou calquera persoa da comunidade educativa ou relacionada co mundo do ensino, e mesmo da sociedade en xeral, que queira difundilo.

 

O seu obxectivo é ofrecer información rigorosa sobre a aprendizaxe de linguas no noso ensino nun escenario problemático como o actual, determinado por intereses alleos aos estritamente pedagóxicos e que están ameazando a convivencia nos centros. Á falta dunha campaña informativa institucional e ante a inminente distribución por parte da administración educativa dunha enquisa ás familias carente de rigorosidade científica e de fiabilidade, a CGENDL quere apostar polo dereito dos nenos e nenas a ser igualmente competentes en galego e castelán abrindo un debate real sobre as medidas que temos que adoptar para conseguir que dominen plenamente as dúas linguas, tal e como establece a LOE.

 

Tríptico "As linguas suman"

 

Carta-presentación do tríptico informativo da CGENDL

 

AdxuntoTamaño
Triptico ENDL.pdf256.73 KB
Carta presentacion.pdf33.01 KB

Espiñeira nas ondas

Observa-acción 2018-2019/2019-2020

FOMOS PREMIADOS NO "CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS"

Galardonados co premio LIA

Eventos

« Abril 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Proxceto de Historia: Unha viaxe polo tempo

      

Novo Proxecto Educativo