Skip to Content

Matriculación Curso 2020-2021: Primaria e Secundaria

Prezadas familias:

 

Xa está aberto o prazo para solicitar reserva de praza no IES Álvaro Cunqueiro, centro de ensinanza secundaria adscrito ao noso colexio. As familias recibirán nestes días un formulario  para cumprimentar e entregar na secretaría do colexio (José Antonio- Esther) que o tramitarán posteriormente ao instituto. O prazo de entrega de solicitudes remata o sábado, 15 de febreiro.

Para as familias que decidan solicitar praza noutro IES deberán esperar á apertura de prazo ordinario ( do 1 ao 20 de marzo) e solicitalo directamente no instituto o que decidan ir.

En documento adxunto (formato .pdf)  tedes a información remitida ás familias  o calendario do proceso de admisión de alumnado (calendariomatricula20_21)

Para o alumnado de Educación Infantil e Primaria que continúe no centro, non hai que reservar praza. O proceso de adscripción é automático. As familias interesadas en matricularse por primeira vez no noso centro (infantil e primaria) poderán facelo na apertura de admisión do alumnado en período ordinario ( do 1 ao 20 de marzo) según recolle  a normativa actual  DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, ORDE do 12 de marzo de 2013 e ORDE do 25 de xaneiro de 2017)  na nosa secretaría

 

  Ante calquera dúbida, contactar coa secretaría do centro: 886 120  115. Recibide un cordial saúdo.

Admisión alumnado


 

 



page | by Dr. Radut