Ante a suspensión temporal das actividades lectivas, as mestras dos diferentes niveis e especialidades propoñen unha serie de actividades que foron colgadas nesta web. Na parte lateral esquerda da pantalla, no apartado titorías e pinchando sobre o curso correspondente, atoparedes os arquivos adxuntos coas propostas para estes días.
Coa compra destas pulseiras solidarias, colaboras na consecución dun kit de emerxencia para o centro e conseguiremos que o noso cole sexa un espacio cardioprotexido. Tan só custan 3€. Contacta coa ANPA ou co cole e FAITE COA TÚA!
Durante esta semana no Ceip Escarabote estivemos aprendendo moito sobre Xela Arias e as Letras Galegas. Parte do traballo e esforzo realizado poden velo no seguinte vídeo.
Durante este curso o noso centro participa no programa Arco, un programa que está está financiado polo Fondo Social Europeo e que busca unha mellor no éxito do alumnado tanto a nivel académico, social, emocional.