ACTIVIDADES

FIN DE CURSO

 Rematamos o curso cunha chea de actividades. Comezamos cos nenos e nenas de 5º que lles contaron contos no xardín do colexio " Aos libros tamén lles gusta o  sol "

 

 

 

 

 

 

 

Celebramos os aniversarios do alumnado que cumple nos meses de xullo e agosto.

 

 

 

 

 

Tamén lles demos a benvida aos pequenos que comezan no mes de setembro preparando unha sopa moi especial.

 

VISITA DO MOUCHO

O xoves 22 tivemos a visita do Moucho. Coma sempre contounos  varios contos  " A árbore xenerosa " e " Avós ". Tamén nos deixou moitos libros en préstamo. Pasámolo mo ben! Mirade que fotos tan bonitas, na galería podedes ver máis.

 

 

 

PROXECTO " AS ABELLAS "

Comezamos un novo proxecto, imos aprender moitas cousas das abellas. Como sempre pedimos a vosa colaboración para que mandedes información, libros, algún xoguete... relacionados co noso traballo. O punto de partida  foi probar a mel, que estaba moi doce e gustounos moito.

 

 

 

CIENCIAS PROXECTO DA AUGA

Estes son os nosos traballos sobre o ciclo de consumo da auga.

VISITA DO MOUCHO

O venres 3 tivemos a visita do Moucho. Como sempre veu cargado de contos, esta vez foron historias de ratos . Trouxo   dous  libros " Contos de Ratiños " e "Sopa de Rato". Tamén nos deixou unha bolsa cargada de libros para a nosa biblioteca. 

 

 

 

 

Os nosos proxectos

Comezamos o curso estudando a Prehistoria e viaxando no tempo... Somos recolectores e facemos pinturas rupestres.

 

OBSERVAMOS AS ÁRBORES DO COLEXIO

O xoves saímos ao  patio para observar as árbores do colexio. Recollimos follas secas, algunhas castañas e algúns ourizos. Non poidemos ver ningún cogomelo! 

 

 

 

MESTRAS E MESTRES POR UN DÍA

O venres 6 de xuño os nenos e nenas de 5º e 6º de E.I subimos á clase de 5º para darlles unha pequena lección de historia. Contámoslles todo o que sabiamos de Roma e cantámoslles a canción de entroido. Os rapaces e rapazas de 5º estiveron moi atentos. Foi divertido! Mirade que guapos estamos!

               

 

 

 

 

O CASTELO DE CELA

Mirade que bonito quedou o colexio, realmente parece un castelo!

>

O CASTELO DE CELA

Mirade que bonito está o colexio, realmente parece un castelo!

Distribuir contido