Celebracións

SAMAÍN

O samain xa marchou , pero non queremos deixalo pasar sin agradecer a vosa colaboración coas cabazas.

 

TEATRO NA ESCOLA

Con motivo das" LETRAS GALEGAS "  tivemos teatro na escola.Foi moi especial e unha gran sorpresa, pois os actores e actrices foron algúns pais e nais de nenos e nenas do colexio. Fixérono moi ben e pasamos un rato moi divertido!. Aquí vos deixamos algunhas fotos.

 

 

 

 

 

ENTROIDO

O venres 9 de febreiro celebramos o entroido, nos eleximos o musical " Cantando bajo la lluvia "  a coreografía quedou moi ben e estabamos moi guapos cos nosos chuvasqueiros. Mirade algunha das fotos!

 

 

 

 

 

 

 

 

NADAL

O mércores 20 de decembro tivemos o Festival de Nadal .  As clases de 3 e 4 anos cantaron unha panxoliña e a clase de 5 anos fixo unha pequena obriña e cantaron unha panxoliña. Fixérono moi ben, son uns artistas!  

O xoves 21 tivemos unha obra de teatro  " O país dos Mandóns " e despois houbo unha merenda con todas as larpeiradas que trouxeron da casa.

 

 

SAMAÍN

Un ano maís celebramos o Samaín. Decoramos a porta das clases, fixemos manualidades e contamos coa vosa colaboración para decorar as cabazas. Mirada que bonita quedou a exposición de  OUTO- SAMAÍN.

 

 

 

FESTA DA AUGA

Como fai tanta calor, decidimos facer unha festa da auga. Félix, o pai de Carmen, trouxo unha máquina de espuma, tamén xogamos cos cubos, coas pistolas e globos de auga.  PASÁMOLO MOI BEN !

 

 

 

LETRAS GALEGAS

O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, que este ano estivo adicado a "Carlos Casares". Con este motivo o venres 19 tivemos a actuación dos nenos e nenas de 5º de primaria cunha versión moi orixinal de Romeo e Xulieta, André de 4 anos contou uns chistes, tamén tivemos un concierto de Gloria, Jorge, Antonio Castelo e Diego Maceiras e para rematar cantamos o Himno Galego. Dende o Equipo de Normalización e de Biblioteca fixemos unha pequena exposición do Traxe Rexional.

 

 

 

 

 

Día da Paz

Tivemos unha semana con moitas actividades, o luns 30 celebramos o Día da Paz . Fixemos un "Semáforo da Paz", de xeito que no círculo vermello escribimos palabras que provocan enfado e conflito, no círculo verde palabras que fomentan a amizade e unha boa relación entre os nenos e nenas.  Na videoteca imos colgar un vídeo.

VISITA DO MOUCHO

O venres 28 tivemos a visita do Moucho. Como sempre contounos moitos contos moi  divertidos:  "LOS PÁJAROS"  " EL POLLO PEPE " E "TURELÍ, TURELÓ"  . Tamén nos deixou moitos  libros para ler na clase. Pasámolo moi ben! 

 

 

 

 

DECORACIÓN DAS PORTAS

Con motivo do Samaín decoramos as portas da clase .  Mirade que bonitas quedaron!  

 

 

 

 

Distribuir contido