ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

VISITA DO MOUCHO

O venres 10 de maio tivemos a visita do Moucho Leroucho que nos leu algúns contos do libro " CONTOS DE RATIÑOS " .  Tamén nos explicou cunha historia como se desenvolven as eleccións e cantou a canción  " Lonxe de Todo ".  Deixounos unha bolsa chea de libros para cada clase. Como  sempre divertímonos moito escoitando os seus contos!

 

 

VISITA DO MOUCHO

O venres 10 de maio tivemos a visita do Moucho Leroucho que nos leu algúns contos do libro " CONTOS DE RATIÑOS " .  Tamen nos explicou cunha historia como se desnvolven as eleccións e cantou a canción  " Lonxe de Todo ".  Deixounos unha bolsa chea de libros para cada clase. Como  sempre divertímonos moito escoitando os seus contos!

 

 

AS REDEIRAS

O venres 29 tivemos a visita das " REDEIRAS DE CORME " . Con  elas aprendimos os diferentes tipos de redes que hai, os materiais que se empregan para facelas, os tipos de  artes de pesca e tamén nos ensinaron a facer un nó.

Foi unha visita moi interesante!

 

 

 

RECORDANDO O PRESTIGE

No ano 2002 produciuse o afundimento do Prestige preto das costas de Galicia. Os nenos e nenas de Infantil recordámolo cun conto, con vídeos, con imaxes...  para que NUNCA MÁIS volva a pasar.

 

 

 

 

 

VISITA DO MOUCHO

Estamos a ter un fin de curso con moitas actividades. Tivemos a visita  do Moucho que coma sempre trouxo moitos libros que nos deixou en préstamo. Falounos das profesións e leunos varios contos, " O meu pai é un pallaso " e " Familias, familias, familias "

Foi moi divertido!

 

 

VISITA XOSÉ COBAS

O XOVES 19 DE ABRIL TIVEMOS A VISITA DE XOSÉ COBAS. ENSINOUNOS ALGUNHA TÉCNICA PARA FACER DEBUXOS.  COA SÚA AXUDA FIXEMOS, ENTRE TODOS, UN CAZAFANTASMAS. EMPREGAMOS UNHAS PINTURAS CHAMADAS PASTEL, FOI MOI DIVERTIDO E MIRADE QUE BONITO QUEDOU O NOSO DEBUXO! TAMÉN LLE FIXEMOS ALGUNHAS PREGUNTAS.

 

 

 

 

PLANTAMOS PATACAS

Para comezar o noso  novo proxecto plantamos patacas. Necesitamos unha maceta, terra, unhas patacas, auga e a calor do sol. Traballamos moito e foi moi divertido !

 

 

 

 

 

VISITA DE PAPÁ NÖEL.

O martes visitounos Papá Nöel, estabamos moi emocionados cando lle dimos a carta coas nosas  peticións de agasallos. El deunos uns caramelos.  Foi moi emocionante!!

 

VISITA DO MOUCHO

O 20 de outubro 2017 visitounos o Moucho. Deixounos uhna bolsa de libros en préstamo para cada aula de educación infantil e primeiro de primaria. Contounos varios  contos  “El gallo que no sabía cantar “.     ¿De quién es este rabo?”,  “ Dona Carme” e “A casa da mosca chosca “

Pasámolo moi ben! Hai máis fotos na galería

 

 

 

MOUCHO

O venres 26 tivemos a visita do Moucho que nos  trouxo  moitos contos.  O primeiro foi                 " A GALIÑA AZUL "  de Carlos Casares , tamen nos contou " O Caracol Remoldiño" e un conto de tradición oral " Os chivos chivóns ". Tamén nos cantou a canción " O sol " de Manuel María e o  " Baile da Carrasquiña"

Como sempre deixounos moitos libros en préstamo.  Pasámolo moi ben!

 

 

 

Distribuir contido