Proxecto a familia

O PROTAGONISTA DA SEMANA

E acabamos o proxecto "A FAMILA" con Beatriz , a mamá de Elda , que quixo recordar unha cantiga popular coa que ela xogaba e bailaba de pequena: "al pasar por el cuartel".

Acompañándonos coa pandeireta aprendimos a súa letra.

Moitas gracias Bea.

 

 

 

O PROTAGONISTA DA SEMANA

Core fai na súa casa moitas manualidades coa súa mamá.

Por iso Carolina, que así se chama a súa nai, quixo mostrarnos algunhas e trouxo á escola limóns e leitugas para estampar pintura con elas.

Tamén Sofía , a irmá pequena de Core axudou.

Pasámolo estupendo.

Gracias Carolina.

 

 

 

O PROTAGONISTA DA SEMANA

Raúl , o papá de Julio, mantivo a todos e todas boquiabertos cando mostrou a motoserra e o maletín de ferramentas que emprega no seu traballo de mecánico.

Unha cousa moi importante no maletín é manter a orde , por iso cada oco ten un número que coincide co da peza.

Ademáis fíxonos un agasallo para a clase, unha motoserra , "PERO DE XOGUETE".

Moitas gracias Rául.

 

 

O PROTAGONISTA DA SEMANA

Anxo tamén foi protagonista. A súa mamá Sonia traballa nunha guardería e fai

cos seus alumnos e alumnas murais como o que nos axudou a elaborar.

Trouxo unha caixa chea de telas e outra con papeis recortados de diferentes texturas e cores.

Entre todos os pegamos libremente e o resultado foi unha auténtica obra de arte que agora decora a nosa aula.

Moitas gracias Sonia.

O PROTAGONISTA DA SEMANA

Nicolás tamén foi protagonista.

O seu papá , Daniel, é arxentino e fíxonos ver cantas cousas teñen en común Arxentina e Galicia. Comparou os bailes típicos , as comidas ,as bandeiras.

A Daniel acompañábao a súa mamá (avoa paterna de Nicolás ) que chegara o día anterior de Arxentina.

A ela gústalle moito o ganchillo e durante a explicación do seu fillo teceu unha banda coas cores que son comúns as bandeiras galega e arxentina e e que quedou como símbolo de unión dos dous pobos.

Moitísimas gracias aos dous.

 

Distribuir contido