VISITA DO MOUCHO

VISITA DO MOUCHO

O pasado venres 26 de maio "O Moucho" presentounos "A galiña azul" do autor homenaxeado das letras letras galegas Carlos Casares.

Tamén disfrutamos de "O caracol Remoldiño" e do conto de tradición oral "Os chivos chivóns".

E para o final gardou o máis divertido, a canción  "O sol"  de Manuel María e o "Baile da Carrasquiña" que fixo que maiores e pequenos puxéramonos en pé ao ritmo do seu alegre acordeón.

VISITA DO MOUCHO

Unha vez máis o "Moucho" encheu a biblioteca de expectación e risas cos seus "Contos de Ratiños" e "Sopa de Ratos".

O alumnado de educación infantil e primeiro de primaria, ademáis de pasar un bo intre, recibiron en  préstamo un lote de libros para cada clase.

Moitas gracias Moucho.

VISITA DO MOUCHO

 

Xa nos tardaba este curso a visita do Moucho.

Por fin, o pasado venres 28 de outubro, apareceu na nosa biblioteca.

Pasamos un bo rato con el, non só os nenos e nenas , tamén as mestras...que escoitaron atentamente os seun contos : "El pollo Pepe", "Los pájaros", e o divertidísimo "Turelí, Tureló".

Deixounos tamén unha chea de libros para ler nas clases de infantil e primaria.

Moitas gracias Moucho.

Distribuir contido