Contacontos

VISITA DO MOUCHO

E por fin chegou o Moucho , xa nos tardaba.

"Héctor , el hombre extraordinariamente forte" e "Suave e quentiño"  foron os contos nesta ocasión.

CONTACONTOS

Pasamos un rato moi divertido co contacontos Anxo Moure.Tamén tivemos xogos no patio e aprendimos a técnica da capoeira.

CONTACONTOS

Durante o mes de maio , o  alumnado de 2º de E. Primaria baixou a nosa aula de 3 e 4 anos a exercer  de contacontos.

Compartiron con nós un rato de lectura moi agradable.

 

 

 

 

 

Os nosos compañeiros e compañeiras son contacontos.

Durante o mes de maio, o alumnado de cuarto de primaria baixou á aula de 6º de E. Infantil para contarnos contos.

Esperábamos que chegara o mércores para escoitar as súas historias :"Oso e o seu dente" , "Os tres porquiños"...

 

O MOUCHO

O xoves 18 de febreiro veu o Moucho con novos contos: O Monstruo de cores, ¿Puedo mirar tu pañal?

Fixemos ximnasia con él e como sempre, Pasámolo moi ben!

AVÓ, AVOA, CÓNTAMO OUTRA VEZ

 Durante o mes de maio, invitamos aos avós e avoas a achegarse aos cativos a través de contos , experiencias...en lingua galega, das que algún día eles foron protagonistas.

Así contamos con Merche, a avoa de Brais e Eva, e Mikita, a avoa de Dani e Noa.

Contáronno cousas moi interesantes. moitas gracias ás dúas.

 

Distribuir contido