Visita

VISITA DE PAPÁ NOEL

A semana pasada recibimos a visita de Papá Noel.

Pasamos a mañá con moitos nervios escribindo as nosas cartas e esperando a sáua chegada.

   

 

           

 

Máis fotos na galería.

PROTAGONISTA DA SEMANA

Nesta ocasión a protagonista  foi Adriana , e a súa mamá Tania , que é enfermeira , trouxo un gran maletín para contarnos e mostrarnos as cousas que necesita para coidar aos enfermos.

Tamén deixou xiringas , tiritas...para o nosos botiquín da clase.

Moitas gracias Tania.

 

Visita do alumnado de 6º de E.Infantil a 1º de Primaria

Esta semana Laura , a mestra de primeiro , invitounos a súa aula.

As mesas eran moi altas , estaban colocadas en forma de U , había moitos libros  pero tamén xoguetes , plastilina...

Fixemos unha ficha de maiores e Laura contounos un conto moi divertido, pero que tamén daba algo de medo ,  "A figueira de Pelostortos".

Moi pronto esta será a nosa aula.

 

 

VISITA DE PAPÁ NOEL

Esta semana recibimos a visita de "PAPÁ NOEL".Levou  as nosas cartas.

Esperamos impacientes a chegada do día de Nadal.

 

VISITA DE GLORIA

Esta semana recibimos a visita de Gloria, compoñente do grupo musical "MAMÁ CABRA" , e agora tamén compañeira nosa.

Ensaiamos con ela a cantiga que soará o vindeiro venres no noso MAGOSTO ,

"E ZUMBA NO CANECO", e pasamos un rato moi divertido cos seus contos e a súa guitarra.

Gracias Gloria.

VISITA DE PAPÁ NOEL

Hoxe recibimos unha visita sorpresa no cole.

Papá Noel veu  recoller as nosas cartas.

Prometimos ser bos e non pedir moitas cousas

.

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

Hoxe foi un día especial.Fomos de excursión a Coruña, ao museo de Belas Artes.
Vimos cadros grandes, pequenos, fixemos de detectives.
Tamén visitamos a exposición de Luis Seoane,
E antes de marchar fixemos de artistas!

 

 

VISITA DO MOUCHO

Este venres 24 de outubro, recibimos a visita do moucho.

Esta vez fixemos teatro con él.Divertímonos moito.

Podedes ver máis fotos na galería.

 

 

 

Distribuir contido