SAÍDAS

GRANXA ESCOLA

O luns 4 de xuño estivemos na granxa escola de Belelle. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas dos animais que viven alí. Tamén fixemos pan e plantamos unha semente de cabaza. 

Foi moi divertido ! 

 

 

 

 

 

 

O ENREDO DO ABELLEIRO

O venres 23 fixemos a saída ao Enredo do Abelleiro, pasámolo moi ben. Aprendimos moitas cousas, vimos as colmenas, vestímonos de apicultores, vimos a abella reina, fixemos unhas velas, probamos o mel ...  Foi moi divertido! 

 

 

EXCURSIÓN Á GRANXA DO QUEIXO

O luns 29 de maio os "Pequerrechos de Brexo" fomos a Sobrado dos Monxes á "Granxa do Queixo".

Fixemos talleres e comimos alí.

TEATRO COLÓN

O luns 28 fomos ver a obra de teatro " Güela, Güela ". Gustounos moito e pasámolo moi ben!  Mirade algunhas fotos.

 

 

VISITA Á GRANXA ESCOLA

O luns 30 de maio estivemos na Granxa Escola de O Ventoso, foi moi divertido e pasámolo moi ben! Montamos no cabalo, peiteamos ao poni, tocamos ao burro, vimos galiñas, galos, pavos, había peixes, aprendimos o nome de plantas aromáticas... En definitiva foi un día estupendo! Podedes ver máis fotos na galería. 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA Á FUNDACIÓN LUÍS SEOANE

O xoves 26 de novembro visitamos a fundación Luís Seoane. Vimos moitos cadros do pintor.  Pintaba o mar, os peixes, o circo, .... Contamos coa axuda de dous monitores que nos axudaron a ver as cores que empregaba Luís Seoane. Tamén fixemos un mural sen pintura , empregamos uns plásticos de cor amarelo, azul e vermello. Foi moi divertido!!

 

 

 

 

MARCELLE

 

O luns 26 de maio fomos de excursión a Marcelle. Alí viven moitos animais, canguros, linces, lobos, llamas, cebras, réptile, avestruces...

Os nosos monitores ensináronnos moitas cousas dos animais e sobre todo aprendemos a tratalos con respecto. Pasamolo moi ben!

Cando montamos no autobús, estabamos tan cansos que moitos nos durmimos! Hai máis fotos na galería.

 

 

 

 

 

EXCURSIÓN

O martes 8 saímos ao Castelo de San Antón, á Torre de Hércules e á Ponte Romana do Burgo. Aprendimos moitas cousas e pasámolo moi ben. Foi moi divertido! Se queredes podedes ver máis fotos na galería.

       

       

 

 

 

Distribuir contido