Skip to Content

CIRCULAR FIN DE CURSO 2019/20

ANPA Brexo-Lema do CEIP Emilio González López Subvenciona:

Rúa Lamelas, 21

15659 Brexo-Lema

Tlf. 881880365

anpabrexolema2013@gmail.com

 

CIRCULAR FIN DE CURSO 2019/2020

 

Estimadas familias:

Desexamos que esteades todas ben e que levarades o confinamento e a desescalada o mellor posible.

Como sabedes, remata este curso sen que as nosas nenas e nenos puideran volver ás aulas, así que

verémonos de novo o vindeiro mes de setembro. Ata entón, desexámosvos un feliz verán.

Na ANPA estivemos agardando información da Consellería de Educación para poñer en orde as nosas

prioridades e tomar as medidas necesarias de cara a “nova normalidade” que nos atoparemos o curso

que ven, pero esta información, polo momento, non está apenas definida polas Autoridades.

A continuación vos detallamos os temas pendentes relacionados coa ANPA, co fin de resolver as vosas

dúbidas o mellor posible:

 

Actividades Extraescolares e alta de familia socia:

 

A ANPA ten recollido no seu Regulamento Interno de AAEE a oferta de actividades durante o mes de xuño.

Vos informamos que no presente curso 2019/20, de xeito excepcional, a ANPA asinou o retraso desta

oferta ata o 1 de setembro 2020, debido as características especiais creadas pola COVID-19.

En calquera caso, vos adiantamos que se intentarán ofertar as mesmas AAEE do presente curso

adaptadas ás condicións (aforo máximo, lugar de celebración, condicións hixiénicas, etc.) que vaian

decidindo as Autoridades.

Deste xeito, ofertaranse as AAEE ao mesmo tempo tanto para o alumnado do Centro como para o

alumnado de nova inscrición, e no caso de ser necesario, levarase a cabo o sorteo de prazas do modo

habitual previsto no Regulamento Interno de AAEE que podedes consultar na web:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliogonzalez/taxonomy/term/217

Colgaremos os formularios de inscrición na web e farémosvolos chegar e vos informaremos a través do

noso Facebook (https://www.facebook.com/anpaceipemilio.gonzalezlopez/) e dos Grupos

de Whatsapp dos cursos e das actividades extraescolares xa existentes.

Se tedes calquera dúbida, queda á vosa disposición o correo: anpabrexolema2013@gmail.com que estará

operativo todo o verán.

Lembrarvos ás familias con nenas e nenos anotados en actividades no curso 2019/20, que vos faremos a

devolución nas vosas contas bancarias do pago correspondente ás actividades que non se prestaron en

marzo debido ao Estado da Alarma.

 

Comedor Escolar:

 

Confirmamos a continuidade do Servizo de Comedor Escolar ofertado pola ANPA Brexo-Lema a través da

empresa Jardanay, S.L e que estará operativo dende o inicio das clases o día 10 de setembro.

Como sabedes, dende o curso 2019/20, a inscrición ao Servizo de Comedor farase directamente a través

da web: https://jardanaycomedores.es/ A inscrición poderase levar a cabo a partir do 15 de agosto

2020.

As autoridades aínda non facilitaron as medidas ás que deberán adaptarse os Comedores Escolares, pero

tanto dende a ANPA como dende Jardanay estamos a traballar para adaptarnos a esas medidas – sexan

cales sexan – de cara a acoller todas as solicitudes e dar o servizo a todas as familias que o soliciten.

Informamos que ofreceráse a máxima flexibilidade para a asistencia, que habilitaráse o turno corrido en

caso de ser necesario (se a limitación do aforo no comedor non permite acoller todas as solicitudes) e

que habilitaráse un servizo de Comida para Levar para as familias que o prefiran.

 

No caso de ter que habilitar unha lista de espera, indicarvos que a selección de prazas farase co seguinte

criterio:

• Terá prioridade 1 o alumnado anotado no Servizo de Comedor a 13/03/2020

• Terá prioridade 2 o novo alumnado que teña irmáns inscritos no comedor a 13/03/2020

• Terá prioridade 3 o alumnado anotado ás Actividades Extraescolares ofertadas pola ANPA Brexo-

Lema no curso 2020/21.

• Se aínda fóra preciso, adxudicaranse as prazas por orde de data e hora de inscrición válida

na web de Jardanay.

Por último, recordarvos que deberiades ter xa nas vosas contas bancarias o ingreso feito por Jardanay en

concepto de devolución do servizo correspondente ao mes de marzo que non se prestou debido ao Estado

de Alarma. Comprobádeo, e se tedes calquera dúbida, contactade connosco ou directamente

con Jardanay.

 

Banco de libros de texto:

 

Cambiarán os libros de texto 3º e 5º de Primaria. Para o resto dos cursos,

poñeranse á vosa disposición os lotes de libros en setembro. Achegaremos as follas de solicitude polas

mesmas canles xa mencionadas.

 

Cheques Comedor:

 

Entregaranse os cheques co importe da axuda correspondente ao curso 2018/19

unha vez comezadas as clases xa que require da vosa sinatura. Concretaremos o prazo de recollida dos

cheques ao inicio do curso. As familias que aínda non cobrastes o cheque do curso anterior, por favor,

pasade a retiralo na oficina do Deutsche Bank da Avda. Linares Rivas de A Coruña o antes posible.

Eventos: Debida a situación suscitada pola crise sanitaria e o Estado de Alarma, quedou cancelada a

representación habitual que a ANPA celebraba no fin de curso. Intentaremos trasladar a excursión das

familias e a orla ao vindeiro, sempre que sexa posible.

 

Concello de Cambre:

 

Podedes atopar a información respecto aos campamentos de verán, uso das

instalacións deportivas e servizo de Mañanceiro e Transporte escolar contactando directamente co

Concello.

 

Agardamos aclarar as vosas dúbidas coa presente circular. Lembrade que tedes a ANPA á vosa disposición

no correo anpabrexolema2013@gmail.com e que vos manteremos ao tanto das novidades.

Moitas grazas pola vosa atención e felices vacacións.

Atentamente.

A ANPA En Brexo-Lema, a 19 de xuño de 2020



story | by Dr. Radut