Skip to Content

blogue de_Os pequerrechos de Brexo

PRIMEROS AUXILIOS

O luns 11 de xaneiro viñeron a darnos unha clase de Primeiros Auxilios aos nenos e nenas de Infantil.

Primeiro uns conceptos básicos e logo practicamos cos nosos peluches.

 

 

 

 

ANIVERSARIOS

O venres celebramos o aniversario de Yanira, que xa cumpriu 4 anos. Trouxo unha tarta  moi rica !  Mirade que ben o pasamos!  MOITAS   FELICIDADES!

 

NADAL

Para celebrar o NADAL decoramos o colexio, as portas quedaron preciosas, colocamos o Belén feito con plastilina  ( non faltaba ningún detalle ),  puxemos  as postais que fixestes cos vosos fillos e fillas na casa, ...     Quedou precioso !  Tamén celebramos o festival: os nenos e nenas de Infantil estaban guapísimos e cantaron moi ben as panxoliñas!   As lambetadas que mandastes estaban riquísimas!

Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboracion.

 

 

 

 

 

 

Podedes ver máis fotos na galería.

ANIVERSARIO DE RAMÓN E DAVID

O mércores e o venres tivemos festa no colexio, celebramos os aniversarios de David e de Ramón. Trouxeron unhas  tartas que estaban moi boas e sopraron as velas. Pasámolo moi ben!  Moitas Felicidades!

 

 

 

 

VISITA DE PAPÁ NOEL

Esta semana recibimos a visita de "PAPÁ NOEL".Levou  as nosas cartas.

Esperamos impacientes a chegada do día de Nadal.

 

VISITA Á FUNDACIÓN LUÍS SEOANE

O xoves 26 de novembro visitamos a fundación Luís Seoane. Vimos moitos cadros do pintor.  Pintaba o mar, os peixes, o circo, .... Contamos coa axuda de dous monitores que nos axudaron a ver as cores que empregaba Luís Seoane. Tamén fixemos un mural sen pintura , empregamos uns plásticos de cor amarelo, azul e vermello. Foi moi divertido!!

 

 

 

 

ANIVERSARIOS

Celebramos o aniversario de Hugo Germade. Trouxo unha tarta moi rica e soprou as tres velas!  Foi moi divertido! Moitas felicidades!             

 

 

 

ANIVERSARIO DE JULIA

O venres 13 celebramos o aniversario de Julia, xa ten tres anos. Trouxo unha tarta que estaba moi boa.   MOITAS FELICIDADES!

 

OBSERVAMOS AS ÁRBORES DO COLEXIO

O xoves saímos ao  patio para observar as árbores do colexio. Recollimos follas secas, algunhas castañas e algúns ourizos. Non poidemos ver ningún cogomelo! 

 

 

 

XOGAMOS CON BUXAINAS

Hoxe, a clase das tartarugas, pasamos un rato divertido cos compañeiros e compañeiras de 6º curso.Estaban esperándonos no pabillón para ensinarnos a xogar coas buxainas .Alí estaban Aroa , irmá de Iker, Isaac, o irmán de Sofía e Iker o irmán de Diego.

Todos tivemos un premio como lanzadores de buxainas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut