Skip to Content

blogue de_Os pequerrechos de Brexo

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O día 8 de marzo celebramos o Día da Muller Traballadora.  E. I. homenaxeou a Ángeles, a bibliotecaria que todos os nenos e nenas coñecen porque acompaña ao Moucho cando ven visitar o colexio. Entre todos e todas fixemos un mural coas fotos da súa vida, e preparamos na clase,  unhas preguntas para poderllas facer a ela. Trouxonos alguns dos seus libros favoritos e  tamén nos leu un conto que se titulaba " Mariuca la castañerra. Troúxonos un libro para cada clase e uns Sugus para cada neno/a.

PASÁMOLO MOI BEN CON ÁNGELES!

 

O MOUCHO

O xoves 18 de febreiro veu o Moucho con novos contos: O Monstruo de cores, ¿Puedo mirar tu pañal?

Fixemos ximnasia con él e como sempre, Pasámolo moi ben!

ENTROIDO

E o mércores tamén algo na cara.

ENTROIDO

E hoxe martes, ademáis de algo na cabeza.........algo no pescozo.

4º de E.Infantil luciu así.

ENTROIDO

E xa está aquí "O ENTROIDO".

Hoxe o Meco no seu mandato pediu que levaramos ao cole algo na cabeza.

E así de guapos aparecimos.

SAÍDA AO PLANETARIO

O martes 26 de xaneiro visitamos o Planetario. Foi unha experiencia estupenda e  pasámolo moi ben. Fugaz, levounos de viaxe polo espazo aprendimos o nome dalgunhas constelacións, das estrelas e dos planetas do "Sistema Solar". Despois vimos algunhas das actividades da Casa das Ciencias, o péndulo, a incubadora, .... En definitiva pasámolo moi ben!

 

DÍA DA PAZ 2016

O venres 29 de xaneiro celebramos  o Día escolar da Paz.

Fixo un bonito día de sol. Cunha "lavadora da paz",lavamos a roupa das palabras feas, e tendémola con palabras bonitas.

Logo cantamos e bailamos todos xuntos "Corazón de cremallera".

SAN SILVESTRE

O venres 15 de xaneiro,  despos de varios días de choiva, por fin poidemos correr a San Silvestre. Participou todo o colexio . Os nenos e nenas de Infantil fixémolo moi ben, todos e todas  chegamos á meta. Foi moi divertido!

 

 

 

 

ANIVERSARIOS

O venres  celebramos o aniversario de ROI, trouxo unha tarta con forma de Bob Esponxa que estaba riquísima.  Mirade que guapos estamos nas foto.  MOITAS FELICIDADES!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut