Actualidade

Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento durante o día 14 de marzo en Galicia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores aos 100 km/h, que comezará nas primeiras horas do mércores día 14.03.2018 e prolongarase ata a tarde/noite de dito día. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña, provincia de Pontevedra, sur de Ourense, noroeste de Ourense, montaña de Ourense, A Mariña lucense, centro de Lugo e montaña de Lugo.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

- A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas, con seguimento das condicións climáticas.

- Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

A información meteorolóxica podrá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna)

Brazo hidráulico

Nesta ocasión traemos un proxecto elaborado por Ana (1ºC) e a súa familia na súa casa. No seguinte vídeo explícanos o seu funcionamento, algúns dos materiais que utilizaron para a súa construción e o tempo que levou facelo. Este brazo robot axudaranos a comprender que non todos os robots teñen compoñentes electrónicos.

 

Neste outro vídeo vemos todo o proceso por se queredes animarvos a realizar este proxecto de "Brazo hidráulico" e a comprender o seu funcionamento.

 

 

Grazas por compartir con todos/as o voso traballo!

COLEXIO SOLIDARIO

Carta de agradecemento pola Operación Kilo-Litro Acto de entrega da mercadoría recollida
Alumnado de 5º curso vistando a exposición do XIX Rastrillo da Solidariedade

 

Cantidade recadada: 1.666 €

 

Esta cantidade destinarase á Cociña Económica da Coruña

 

 

 

 

EXERCITAMOS O NOSO PENSAMENTO

   Ao longo deste curso, todos os luns na aula de Educación Infantil de 4 anos “B”, estamos a adicar unha sesión á desenvolver habilidades de pensamento. Nelas os/as nenos/as se poñen en situación de dialogar sobre diferentes propostas da cultura que nos rodea, co obxectivo de mellorar o seu pensamento.

   As familias desta aula poden ler no dossier que se formatea con todos os diálogos do curso, como os seus fillos/as van camiño de ser máis críticos/as, coidadosos/as e creativos/as. Pero para aquelas persoas que non tedes acceso a esta dinámica de aula, a revista “Crear Mundos” recolle moitas experiencias en diferentes niveis educativos. Na páxina 297 do agora publicado nº 15 (no arquivo adxunto), poderedes ler unha sesión programada e documentada no noso colexio.

MAR Santiago Arca, marzo 2018.

 

DÍA DE ROSALÍA

     Mural no Aulario Infantil   Mural en Educación Primaria

 

O venres día 23 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA baixo o lema promovido pola AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) de #AbrideAFiestra enchendo de debuxos de Rosalía as fiestras do noso colexio. Tamén acompañounos a nosa Rosalía (realizada por todo o alumnado mediante diversas artes plásticas) tal e como pode contemplarse nos murais da entrada dos colexios. Unha escolma de alumnos de educación primaria recitou o poema "Adios ríos, adios fontes" a través da megafonía do colexio ao igual que  o alumnado de infantil que recitou diversos poemas da insigne escritora galega.

 

 

 

 

 

 

 

...

Comunicámonos cos robots

Bloques mBlock

Tras aprender a montar o robot e coñecer as súas partes, no que levamos de segundo trimestre aprendemos a utilizar o programa mBlock que nos permitirá comunicarnos co robot e conseguir que se mova, que acenda luces, que detecte movemento, temperatura e moitos aspectos máis que iremos descubrindo.

O primeiro paso foi coñecer as diferentes partes e opcións que ten o programa, despois a forma na que se conecta o robot ao ordenador e o xeito polo cal trataremos que o robot "escoite" o que lle estamos transmitindo.

A continuación establecimos un reto a cada unha das clases de 4º e 5º de E.P. no que tiñan conseguir que o robot se movese cara adiante, cara atrás, xirase, acendese leds de distintas cores, que os apagase, que reproducise unha determinada nota musical e que por último se detivese.

Os bloques que utilizamos foron os que aparecen desordenados na imaxe e que combinaron para que o robot realizase as accións indicadas. En canto á nota musical o programa utiliza a notación americana que equivale:

C - DO / D - RE / E - MI / F - FA / G - SOL / A - LA / B - SI

Sendo os números que as acompañan os acordes.

Tamén tiveron que combinar as cores que facilita o bloque (vermello-verde azul) para que os leds mostrasen cores como o amarelo, rosa ou violeta.

No seguinte vídeo podedes ver algúns dos momentos destas sesións:

 

Seguimos aprendendo!

Visita ao CEIP San Marcos

Visita ao CEIP San Marcos (Abegondo)

O pasado xoves 25 de xaneiro, fixemos unha visita ao cole  de Abegondo. Tiñan un planetario portátil e convidáronnos a visitalo.

 

Aceptamos encantados porque xuntarnos sempre é unha festa e se saímos fora do centro, moito mellor.

 

Ao chegar fixéronnos unha boa benvida porque chovía moito!!!!

 

E logo os pequenos fomos ao planetario, onde vimos un conto sobre unha nena que andaba ao revés e moitas estrelas e os maiores cos nenos de 5º .

 Despois foi ao revés, os maiores ao planetario e os pequenos cos nenos de 3 anos.

Cando foi a hora do recreo convidáronnos á merenda, había froita, galletas, chocolatinas... Que rico todo!

 

E para rematar, os nenos maiores de Abegondo fixeron unha obra de teatro e os nosos amigos maiores, cantaron unha canción.

 

Foi unha xornada moi divertida e só nos queda dar as grazas ao cole San Marcos pola súa acollida e dicirlles que agora xa temos outros amigos maiores e pequenos!

 

DENDE A CORUÑA, GRAZAS AMIGOS!!!

 

 

máis fotos

anterior seguinte 

 

 

FESTIVAL XUNTARTE 2018

"INDO EU" (DANZAS COMÚNS)

 

"LA RASPA" (CEIP EMILIA PARDO BAZÁN)

"KOCE BERBEROT" (DANZAS COMÚNS)

 

Montaxe do mBot

 Durante a primeira fase os nenos/as de 4º e 5º realizaron a montaxe  dos robots mBot, de xeito que a través das instrucións do propio fabricante e as elaboradas no centro, ademais do videotitorial o alumnado, seguindo a estrutura do "Folio xiratorio", catalogou as pezas que contiña a caixa, comprobando que non faltaba ningunha e aprendendo novo vocabulario, completou a montaxe dos robots e comprobaron que funcionaban correctamente. Evidentemente houbo erros nas conexións, na posición dos parafusos, pero grazas ao traballo en equipo e ao análise dos problemas que xurdían conseguiron solucionalos na maioría dos casos con axuda mínima dos mestres/as.

Nesta presentación están algún dos momentos nas aulas. 

Bo traballo!

Distribuir contido