Actualidade

Montaxe do mBot

 Durante a primeira fase os nenos/as de 4º e 5º realizaron a montaxe  dos robots mBot, de xeito que a través das instrucións do propio fabricante e as elaboradas no centro, ademais do videotitorial o alumnado, seguindo a estrutura do "Folio xiratorio", catalogou as pezas que contiña a caixa, comprobando que non faltaba ningunha e aprendendo novo vocabulario, completou a montaxe dos robots e comprobaron que funcionaban correctamente. Evidentemente houbo erros nas conexións, na posición dos parafusos, pero grazas ao traballo en equipo e ao análise dos problemas que xurdían conseguiron solucionalos na maioría dos casos con axuda mínima dos mestres/as.

Nesta presentación están algún dos momentos nas aulas. 

Bo traballo!

Refugabots

Esta actividade formou parte da primeira fase do proxecto de robótica que se está a desenvolver nos cursos de 4º e 5º de E.P. a través do proxecto BÓTalle Imaxinación. Nesta actividade os grupos de cada un dos cursos tiveron que deseñar uns robots, de forma que, utilizando a estrutura cooperativa 1-2-4, primeiro cada neno/a deseñou o seu propio robot, que entre dous completaron para formar un novo, para finalmente crear un so que contivese aspectos de cada un dos nenos/as do equipo. Tiveron que ter en conta o material do que dispoñían para a elaboración das obras e facer un listado do material que necesitarían e ao que tiñan acceso.

Presentámosvos algunhas das creacións do grupo de 4ºA e momentos do proceso, nas próximas semanas faremos unha exposición no centro cos robots de cada un dos equipos e que serán os seus símbolos durante o curso.

 

 

Agradecemos o traballo e implicación tanto por parte das titoras/es como do alumnado participante.

OPERACIÓN KILO-LITRO EN EDUCACIÓN INFANTIL

 Este ano, e con motivo do Día da Paz, os alumnos de Educación Infantil non participaremos no

Rastrillo Solidario, senón que organizaremos unha OPERACIÓN KILO-LITRO. Os produtos recollidos

irán destinados á Fundación Padre Rubinos, dende onde nos piden que, preferentemente, recollamos

estas cousas que son de maior necesidade:

 LEITE

ACEITE

CONSERVAS

CEREAIS

GALLETAS

AUGAS

PRODUTOS DE ASEO PERSOAL

 Por tanto, todos os que queiran participar, poderán traer, entre o luns 29 de xaneiro e o xoves 1 de

febreiro, a cantidade que desexen destes produtos.

 O venres 2 de febreiro, representantes da mesma organización Padre Rubinos virán ao colexio a

recoller todo o entregado.

 Moitas grazas pola vosa colaboración.

 O profesorado de Educación Infantil.

 

ORGANIZACIÓN XIX RASTRILLO SOLIDARIO EN EDUCACIÓN PRIMARIA

CIRCULAR “XIX RASTRILLO SOLIDARIO”

 

O día 30 de xaneiro conmemórase en tódolos centros educativos o DIA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA. No CEIP Emilia Pardo Bazán o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega están traballando nas actividades a desenvolver para conmemorar a citada data. Entre elas está a celebración do XIX RASTRILLO SOLIDARIO que ano tras ano vimos realizando, contando coa axuda desinteresada de toda a comunidade educativa do noso centro. Coa colaboración desinteresada das familias do noso alumando móntase un rastrillo de xogos e xoguetes, a prezos módicos, que buscan un fin solidario. Coa cantidade recadada realízase unha achega a unha entidade ou ONG de axuda ós máis desfavorecidos, que un ano máis irá destinada á Cociña Económica da Coruña.

Solicitamos encarecidamente que os xogos e xoguetes entregados para o rastrillo solidario presenten un bo estado e funcionen (para evitar desilusións inesperadas entre o alumnado).

Datas:
Entrega no colexio dos xogos e xoguetes: 29, 30 e 31 de xaneiro de 9 a 13 horas e polas tardes de 16:00 a 18:00 horas.

Montaxe do Rastrillo: do 29 ao 31 de xaneiro (colaboradores ANPA e persoal do centro).

Visitas ao XIX Rastrillo Solidario: 1 e 2 de febreiro, de 9 a 14 h (ALUMNADO). e de 16:00 a 18:00 h. (FAMILIAS).

Grazas pola súa colaboración.

O CLAUSTRO DE PROFESORADO

Fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA, durante o día 10 de xaneiro de 2018

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA,

durante o día 10 de xaneiro de 2018, a partires das 9:00 h ata as 19:00, por fortes rachas de vento, que afectarán

ás zonas de predición meteorolóxica Coruña Noroeste e Mariña Lucense.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou o seguinte:

A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR E EXTRAESCOLARES o día 10 de xaneiro de 2018 nos centros

educativos situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica da Coruña Noroeste e Mariña Lucense.

PREMIOS DO CONCURSO DE CARTAS E DEBUXOS: “AHORA QUIERO IR CAMINANDO AL COLE”

O pasado día 19 de decembro de 2017 tivo lugar no Salón de Plenos do Concello da Coruña a entrega de premios do Concurso de Cartas e Debuxos "AHORA QUIERO IR ANDANDO AL COLE", en presencia do Sr. Xulio Xosé Ferreiro Baamonde, Alcalde de A Coruña; o Concelleiro de Movilidade Sostible, Sr. Daniel Díaz Grandío; e a Sra. Dª. Silvia Cameán Calvete, Concelleira de Educación.

Polo noso centro os alumnos finalistas e gañadores foron os seguintes:

Gañadores:

1.      Marcos Rodríguez Vázquez (debuxo abril) Título: "Tú escoges tu mundo"

2.      Martina Arias García (debuxo agosto) Título: "Las calles de ahora

Finalistas:

1.      Antía Platas Corredoira 3ºB (carta)

2.      Hugo Cotos Sobrino 4ºA (carta)

3.      Pablo Campos Pérez 3ºA (carta)

4.      Ana Reboiras Garzón 4ºC (debuxo)                                                                                                                                                                      

Os alumnos gañadores tiveron a oportunidade de ler as súas cartas ou describir os seus debuxos aos asistentes. Nas imaxes poden

verse estes momentos. Finalmente realizouse un sorteo de 2 bicicletas entre o alumnado asistenteresultando gañador dunha delas o

noso alumno Pablo Campos Pérez (3ºA) que estaba emocionado co seu premio.

Noraboa aos premiados.

 Martina Arias García  Marcos Rodríguez Vázquez
Pablo Campos Pérez

PARA LEMBRAR O QUE PENSABAMOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Dende sempre as portas da nosa aula están abertas a colaborar con outras entidades educativas, máis porque tamén son abertas as tarefas que realizamos nela e que permiten que cada quen resolva segundo o seu nivel de desenvolvemento (ni tan sequera fan todos/as o mesmo ao mesmo tempo).

Por iso cando, despois de rematar o ciclo de educación Infantil, podemos ler os pensamentos que se “cociñaban” pola nosa aula o facemos con ledicia.  Son argumentacións froito do desenvolvemento do seu pensamento aínda en proceso, pero totalmente sinceras e espontáneas. O que si é certo, é que as súas palabras deixan pegada para a comprensión do mundo no que vivimos.

Así pensaba sobre tecnoloxía o meu alumnado que agora cursa 2º de Educación Primaría, dialogando coa mestra da UDC Concepción Sánchez Blanco (páxinas 1279-1258).

 MAR Santiago Arca, decembro 2017

Tecnologías de la información y la comunicación en el aula de Educación Infantil: críticas y desafíos

Concepción Sánchez Blanco

Tecnología, innovación e investigación en los procesos de enseñanza-aprendizaje / coord. por Rosabel Roig Vila, 2016, ISBN 978-84-9921-848-9, págs. 1279-1285

http://rua.ua.es/dspace/handle/10045/61787

 

SEMANA DE VISIBILIZACIÓN DA DISCAPACIDADE - SINDROME DE WEST

 

 

O mércores día 13 de decembro o curso de 5º fomos a unha charla sobre as discapacidades.

Explicounos a nai dun compañeiro doutra clase que ten o síndrome de West. Ademáis trouxo unha cadela de terapia.

Un amigo meu que se chama Eduardo, fixo preguntas moi interesantes e intelixentes. Enseñáronnos como se sinte un ao utilizar unha

cadela guía. Díxonos que os nenos só necesitamos cariño e respeto e que estaba moi contenta do noso colexio que coida moi ben a Javi

que é o seu fillo con ese síndrome.

Tamén nos contou que a súa cadela enseñou a Javi a xogaar ao escondite e que Antón, un amigo e compañeiro meu enseñouna a xogar

ao fútbol, pero que foi Kira, a cadela, a que lle ensinou a tirar a pelota.

 Miguel Diz 5º A

 

 

 

 

Día do voluntariado

Día do voluntariado

O día 5 de decembro celébrase o día do voluntariado e, como O meu amigo maior está dentro do programa do voluntariado miúdo, a Consellería de Xuventude celebrou unha festa no Gaias para todos os nenos e nenas que participamos nestes programas.

Foi moi emocionante porque era a primeira vez que os máis pequenos facían unha saída e ademais, tan lonxe!

 

Recibíronos os Bolechas antes de entrar no recinto.

 

Unha vez dentro, e despois de que chegaran todos os convidados, presentaron a guía do voluntariado dos Bolechas e foron subindo representantes dos distintos proxectos para que así os coñecéramos todos.

 

Os nosos representantes foron Uxía e Mateo que explicaron moi ben en que consistía O meu amigo maior.

Regaláronnos unha guía para cada un e unha tarxeta de voluntarios especiais.

Logo houbo varios talleres e convidáronos a un bocata.

 

Foi un día moi canso!

 

máis fotos

anterior  seguinte

Distribuir contido