Actualidade

SENSIBILIZACIÓN "NON VIOLENCIA"

"Día Internacional contra a Violencia de Xénero".

 

Volta ao cole 19

VOLTA AO COLE 19

Un ano máis de colaboración con "uno entre cien mil", a nosa recaudación foi: 850€ doados polas nenas e nenos que participaron nesta andaina solidaria, pequenos acompañados polos seus "amigos maiores" e un ano máis contamos con esas nais e pais voluntarios que nos axudan a que todo saia perfecto.

 

MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS!!!!

MÁIS DE O MEU AMIGO MAIOR

TEMOS NOVOS AMIGOS!

Un curso máis comezamos outra andadura co "noso amigo maior". Será unha nova experiencia, xa que os máis pequenos xa tivemos uns amigos que agora están navegando noutros mares e, ademais, marcharemos ao finalizar este curso para o cole dos maiores ainda que alí seguiremos sendo amigos.

O primeiro que fixemos foi elexir amigo ou amiga, pero non lles vimos as caras, escollemos polo autorretrato que os maiores fixeron.

Máis tarde viñeron os maiores a coñecernos e saber quen ía ser o seu amigo pequeno ou amiga pequena.

A partir de aquí xa fixemos actividades xuntos.

A primeira foi o "apadriñamento lector", os nosos amigos maiores escolleron un conto na biblioteca do cole grande e logo viñeron a contánolos. Foi todo o colexio! Cada un co seu amigo máis pequeno.

E logo participamos un ano máis na "volta ao cole" para loitar contra a leucemia infantil.

Estamos dexesando facer moitas cousas novas este curso!!!! 

CONTO DE MEDO POLO SAMAÍN

CONTO DE MEDO POLO SAMAÍN

A BRUXA MARUXA 

ACTIVIDADES MES NOVEMBRO

MES NOVEMBRO

 ACTIVIDADE
CURSO 
DATA 
 HORA
 LOCALIZACIÓN
 MERENDA CON PAN DE MILLO
2º EP
3º EP 
MARTES 5 
 12:00
CENTRO CÍVICO DOS MALLOS 
MAGOSTO 
 EI e EP
VENRES 8 
HORARIO LECTIVO 
CENTRO ESCOLAR 
MERENDA CON PAN DE MILLO 
6º EI
1º EP 
MARTES 12
 12:00
CENTRO CÍVICO DOS MALLOS 
ESCOLAS 100% BRANQUIAZUIS
6º EP
MÉRCORES 13
11:00
ESTADIO RIAZOR
EXPOSICIÓN DINOSAURIOS
4ºB EP
MÉRCORES 13
9:50
CC LOS ROSALES
EXPOSICIÓN DINOSAURIOS
4ºC EP
XOVES 14
9:50
CC LOS ROSALES
EXPOSICIÓN DINOSAURIOS
4ºA EP VENRES 15 12:00 CC LOS ROSALES
TEATRO INGLÉS
2º EP
6º EI
4º EP
6º EP
LUNS 18 
HORARIO LECTIVO
SUM PRIMARIA
CHARLAS COGAMI
SEMANA DA DISCAPACIDADE 
 5º EP
4º EP
6º EI 
3º EP
6º EP
LUNS 25
MARTES 26
MÉRCORES 27 
XOVES 28  
VENRES 29 
9:00- 11:30 
9:00- 11:30 
9:50- 13:10 
9:00- 11:30 
9:00- 11:30 
AULAS CENTRO 

 

 

LA VUELTA AL COLE 2019

V Edición "La Vuelta al cole"

Seguindo co noso espírito solidario e colaborativo, o vindeiro venres 25 participaremos por terceiro ano consecutivo, na V edición de "la Vuelta al cole", a favor da investigación da leucemia infantil.

edición anterior

Saíremos ás 11:00 do noso centro nunha andaina ao redor do cole, os máis pequenos acompañados por "un amigo maior". Participamos 642 nenos e nenas, 46 profesores, 4 coidadoras de n.e.e. e 10 pais e nais voluntarios

 

A doación do recaudado será para: Uno entre cien mil

 

OS PIRATAS DO EMILIA

OS PIRATAS DO EMILIA

O pasado sábado 19, os "Piratas do Emilia" 

 

participamos na carreira ENKI, onde discapacidade,

 

integración, inclusión e visibilidade ían da man.

E FOMOS MOITOS!

Foi unha tarde moi divertida que pasamos en familia e cos nosos compañeiros e compañeiras, aínda que botamos en falla aos que estaban lexionados.

   

Como resumo, as palabras do papá de Mario: “Non nos darían ningún premio, pero sen dúbida se hai un

cole onde a integración sexa unha realidade, é o noso. Non hai máis que ver a Mario cos seus

compañeiros de clase”.

 

 

 

Vémonos o vindeiro ano!... pero qué seremos?

ENKI

 

E XA ESTÁ CHEGANDO O DÍA!!!

"Os piratas do Emilia" xa estamos preparados para a nosa prticipación en ENKI carreira pola integración, o vindeiro sábado 19 de outubro, e seremos máis de 220.

Quedaramos na Praza de Azcárraga ás 16:00 para ir todos xuntos e tentaremos "ensaiar" algúns gritos de guerra para animar a carreira, tamén facer algunha fotografía.

A vestimenta de Piratas é libre pero, para "uniformarnos" levaremos todos un pano laranxa na cabeza.

Avisade a todos os que saibades qeu se inscribiron neste equipo do colexio. Neste link está toda a información: http://www.enkiproyecto.com/eventos/galicia-2019.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN

 

 

ENKI

Este ano a comunidade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán, contará cunha ampla representación nesta carreira solidaria que ten moito que ver co noso espírito cooperativo, solidario e comprometido na integración da diversidade.

 

Seremos “Os Piratas do Emilia”, aínda estás a tempo de acompañarnos, só tedes que botar unha ollada aquí 

 

UNHA NOVA PROMOCIÓN NO XARDÍN DE JUANITA

   A primeira promoción de Educación Infantil vinculada ao proxecto “El jardín de Juanita”, xa está en E. Primaria.

   O pasado 10 de xuño contábanlle á creadora do proxecto, Angélica Sátiro, como foran quen de crear accións medio ambientais neste espazo do colexio: “La primera vez que lo vimos estaba todo lleno de tierra; no había flores, parecía un poco de desierto con cosas tiradas. Lo teníamos que plantar nosotros, y … cuanto más crecían las flores, más crecíamos nosotros. No al mismo tiempo, pero un poquito todos”.

   Falaban tamén do seu desexo de seguir colaborando no proxecto polo que tentaremos de que, dalgún xeito, as súas suxestións podan ser unha realidade durante o tempo do recreo.

   Na páxina do xardín (https://www.facebook.com/eljardindejuanita/) narraremos o desenvolvemento dos pensamentos da nova promoción. Pero para entender que non se trata de facer xardinería senón de darlle ás infancias a oportunidade de crear as súas propias accións, nada mellor que un resumo do que fixeron na promoción anterior e que foi explicado na inauguración da exposición “El jardín de Juanita” e na presentación do libro “Ciudadanía creativa” na Fundación Luís Seoane a finais do curso pasado.

   El jardín de Juanita na Fundación  Luis Seoane:

http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-10-06-2019-4135942?t=1&fbclid=IwAR16HPmzcX_o9tNEqVVb6UIleNeW_p1kWlBOGJ6W9B_ZuVdQ8OYJQ25ox18

 

MAR Santiago Arca, setembro 2019

 

Distribuir contido