Actualidade

BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE BECAS COMEDOR PARA O CURSO 2013- 2014

 

día 9 de abril apareceron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as Bases Reguladoras da Concesión de Becas de Comedor para o curso 2013-2014.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral de Entrada do Concello da Coruña ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.

O prazo de presentación será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación das citadas bases no Boletín Oficial da Provincia.

Descargar texto completo da convocatoria.

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

 

  

 

Os solicitantes de prazas para 4º curso de educación infantil (3 anos) deberán presentar na Secretaría do centro a documentación xustificativa da puntuación obtida, debido a que houbo máis solicitudes que as 66 prazas libres ofertadas.

Deberán aportar os orixianis e unha fotocopia para poder cotexar os documentos.

A documentación a presentar é a seguinte:

* Certificado de empadroamento.

* Título de familia numerosa (se é o caso).

* Certificado de minusvalía (se é o caso).

* Certificado laboral no caso de puntuar polo domicilio laboral (se é o caso).

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2012

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.495 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos que aparecen na seguinte táboa.

ESCOLARIZACIÓN

Á ATENCIÓN DAS NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS

DO ALUMNADO DE SEXTO CURSO

DE EDUCACIÓN PRIMARIA DESTE CENTRO

 

 

De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 17 de marzo de 2007 (DOG do 19) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolles o seguinte:

 

1.- O CEIP Emilia Pardo Bazán está adscrito ao IES Salvador de Madariaga.

2.- O noso alumnado ten prioridade para matricularse en dito instituto por diante daquel alumnado que proceda doutros centros non adscritos.

3.- As familias que desexen matricular aos seus fillos/as no IES Salvador de Madariaga deberán presentar no mesmo, entre o 1 e o 15 de febreiro, o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta a este escrito Anexo I da Orde do 17 de marzo de 2007).

4.- O alumnado de sexto curso deste Centro que, de acordo co dito anteriormente, non faga no prazo establecido a reserva de praza no citado instituto, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentado no IES da súa preferencia, do 1 ao 31 de marzo, o documento que se publica como Anexo II da citada Orde do 17 de marzo, modelo de impreso que se poderá retirar na Secretaría deste Centro a partir do día 1 de marzo de 2012.

 

A Coruña, 1 de febreiro de 2012

A DIRECCIÓN

AULAS ABALAR NO CEIP EMILIA PARDO BAZAN

 

        En  breve o CEIP Emilia Pardo Bazán contará nas aulas de 5º curso de educación pr imaria do equipamento das Aulas Abalar. Na semana anterior á ponte de Tódolos Santos, os técnicos das empresas responsables da instalación e montaxe das aulas Abalar estiveron traballando no noso centro.

    Os encerados interactivos SMART Board, os proxectores de curto alcance, os portátiles do profesorado, os netbooks do alumnado e os carros de carga e almacenamento xa están case preparados para o seu uso. Cada aula contará cunha conexión wifi-Abalar que interconectará todolos equipamentos á rede Abalar e tamén co servidor do propio centro. Da posta en funcionamento do servidor se encargarán técnicos da Unidade de Atención en Centros.

       A fin de aproveitar o equipamento Abalar e os recursos TIC do centro, o profesorado do noso centro participará ao longo do curso escolar 2011-2012, nun Proxecto de Formación en Centros.   

 

O CEIP EMILIA PARDO BAZAN SERÁ NOVO CENTRO ABALAR

 

 

 

A Consellería de Educación e O. U. acaba de facer pública a relación de centros seleccionados para adscribirse á rede Abalar no curso 2011-2012. Na citada relación aparece o CEIP Emilia Pardo Bazán entre os centros seleccionados. Esto vai supoñer que o noso centro contará no vindeiro curso escolar con importantes equipamentos informáticos para o nivel de 5º curso de educación primaria.

Cada aula dixital contará co seguinte equipamento:

* Un ultraportátil para cada alumno/a.

* Un portátil por aula para o uso dos docentes.

* Unha pizarra dixital interactiva.

* Un proxector.

* Un armario para a carga dos equipos.

* Rede wifi.

O proxecto ABALAR persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización, integrando as tecnoloxías da información e da comunicación en todos os ámbitos educativos.

 

CENTROS SELECCIONADOS

GRADUACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL 2008-2011

O día 16 de xuño de 2011 o noso colexio celebrou un emotivo acto de graduación. O alumnado de educación infantil de 5 anos acadou a maioría de idade como paso previo a súa escolarización obrigatoria en educación primaria.

O acto tivo lugar no Salón de Usos Múltiples do colexio que amosou as súas mellores galas para celebrar o evento.

Previamente á entrega das orlas ós interesados, tiveron lugar varias interpretacións dos graduados para deleite e satisfación de tódolos asistentes: familias, profesorado e representantes do ANPA Milnen@s.

No seguinte video pódese ver a presentación do acto realizada pola mestra-titora Dª Aurora Candal Miranda.

De Videos fiesta Graduación Infantil 2008 / 2011

Nos seguintes enlaces pódese acceder ás imaxes correspondentes ás actuacións dos tres cursos de 6º de educación infantil do CEIP Emilia Pardo Bazán  

Fotos Fin de Ciclo Infantil 16-06-2011. Aula "A"

Fotos Fin de Ciclo Infantil 16-06-2011. Aula "B"

Fotos Fin de Ciclo Infantil 16-06-2011. Aula "C"

Fotos Fin de Ciclo Infantil 16-06-2011. Previo, Presentación e pases de video

Fotos Fin de Ciclo Infantil 16-06-2011. Entrega de Orlas

 

Nos seguintes videos amósanse a actuación do alumnado.

ACTUACIÓNS

Videos Festa Graduación Infantil 2008 / 2011 - Grupo de 6ºA

 

De Videos fiesta Graduación Infantil 2008 / 2011

Videos Festa Graduación Infantil 2008 / 2011 - Grupo de 6ºB

De Videos fiesta Graduación Infantil 2008 / 2011

Videos Festa Graduación Infantil 2008 / 2011 - Grupo de 6ºC

De Videos fiesta Graduación Infantil 2008 / 2011

E por último pódese contemplar a entrega das orlas aos diferentes grupos:

ENTREGA DE ORLAS

GRUPO DE 6ºA

De Videos fiesta Graduación Infantil 2008 / 2011

 

GRUPO DE 6ºB


De Videos fiesta Graduación Infantil 2008 / 2011

 

GRUPO DE 6ºC

 


De Videos fiesta Graduación Infantil 2008 / 2011

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL COMPLEMENTARIO PARA O CURSO ESCOLAR 2011-2012

Os equipos docentes de ciclo acordaron para o curso escolar 2011-2012, a selección dos seguintes libros de texto e material complementario:

 

 

 

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL COMPLEMENTARIO

 

Para consultar cada listado ver os arquivos adxuntos:

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2014-2015

 

Dende o luns 2 de xuño e ata o mércores 2 de xullo de 2014 pódese entregar na Secretaría do Colexio a solicitude e demáis documentación para acceder ás axudas destinadas a compra dos libros de texto de primaria para o curso 2014-2015.

INFORMACIÓN XERAL DA CONVOCATORIA

DOCUMENTACIÓN

BENEFICIARIOS

REQUISITOS

SOLICITUDE

FUNCIONA O ASCENSOR

 

 

 

Tras moitos anos de espera o ascensor do edificio de educación primaria xa está en funcionamento.

Este aparello permitirá facilitar o acceso a tódalas dependencias do edificio das persoas que presenten dificultades de movilidade temporais ou permanentes e facilitará o movemento de enseres.

                                                                                                                  


 


Distribuir contido