Skip to Content

Actualidade

1ª SESIÓN ESCOLA DE PAIS E NAIS NO CEIP EMILIA PARDO BAZÁN

DISCIPLINA POSITIVA

Datos das sesións

  • Sesión informativa: 27/10/2017, 18:00-19:30
  • Ubicación: SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio de primaria
  • Inscrición: pechada para a primeira sesión informativa a través da aplicación do ANPA. Para o resto das sesións estará dispoñible en breve

Ponente

María Soto
Educa Bonito en Disciplina Positiva http://educabonito.blogspot.com.es/
María Soto, de Educa Bonito, conduce a través dos seus obradoiros a enerxía positiva a outras familias (A Voz de Galicia, 20/10/2017)

Contidos
 
A DISCIPLINA POSITIVA ofrece respostas e ferramentas prácticas para dirixir os retos diarios dos nosos nenos cara a momentos de aprendizaxe para a vida. Baseada na amabilidade e a constancia, céntrase na procura de solucións e o manexo respectuoso das emocións, porque ensina e motiva ós nenos a que descubran as súas propias capacidades. Aporta un clima de cooperación nos fogares e nas aulas e guía ós nenos no desenvolvemento de habilidades como o autocontrol, a resolución de conflitos, a empatía e a tolerancia, o respecto por sí mesmos e os demais, etc.

Algúns dos contidos que se tratarán son:

  • Alternativas responsables aos premios e castigos.
  • Actitude centrada en solucións.
  • Bullying na escola.
  • Celos e pelexas na casa.
  • Cómo inflúe a nosa actitude na súa educación.
  • Sentido de pertenza: reunións familiares e de aula.

“INTRODUCCIÓN Á ROBÓTICA EDUCATIVA” NO CEIP EMILIA PARDO BAZÁN

O noso centro foi seleccionado e aparece na relación definitiva dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa “Introdución á robótica educativa en primaria” para centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso 2017/18.

O alumnado de 4º e 5º cursos de educación primaria terá a oportunidade de iniciarse na programación básica, robótica e construcción.

Cada centro seleccionado recibirá unha dotación de material formada polos seguintes mínimos:

  • 6 robots de usos educativos, adecuados ás idades do alumnado.
  • 6 kits de construcción, que permitan a realización dun mínimo de 5 proxectos diferentes.
  • Manual de uso e gúia didáctica.

IMAXES DA VOLTA AO COLE 2017

Desde a Dirección do colexio queremos agradecer o grao de colaboración e participación de todo o alumnado, profesorado, persoal non docente, pais e nais colaboradores, membros de protección civil e ANPA Milnen@s que permitiron garantir un perfecto desenvolvemento da andaina solidaria "A VOLTA AO COLE 2017", en favor da investigación sobre a leucemia infantil a través da donación económica á Fundación unoetrecienmil.org.

O importe total da donación ascendeu a:

1.335,86 € + 440 € (ANPA) = 1.775,86 €

Informacións publicadas nos xornais coruñeses:

LA OPINIÓN A CORUÑA

LA VOZ DE GALICIA

 

RECORDATORIO SOBRE ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO

Estimadas nais, pais, titores legais, familias,

Mañá luns día 25 o alumnado de 4º de educación infantil iniciará a xornada lectiva en horario completo, porén e para evitar aglomeracións e atascos innecesarios facémosvos unha serie de recomendacións:

·         O alumnado usuario do servizo Madrugadores, será entregado no centro polas monitoras do servizo.
·         Ao  alumnado que vén coa súa familia e/ou responsables directamente ao centro, prégaselle puntualidade. A puntualidade é un valor formativo que hai que traballar día a día.
·         O alumnado pode acceder directamente á zona de entrada no aulario infantil acompañado das familias
·      Os familiares e/ou responsables  do alumnado non poderán acceder ao interior do aulario de Educación Infantil salvo por autorización expresa dun mestre ou mestra.
·         A saída será uns minutos antes de que soe o timbre ás 14:00 h., os familiares esperarán fronte a cada unha das aulas na zona do patio infantil.  
·         En caso de que teñades que a recoller os vosos fillos antes do remate das clases, teredes que avisar ao titor/a e asinar no libro de rexistro de saídas durante o horario lectivo.
·         O portalón de entrada debe estar despexado para que o alumnado poida acceder ao centro sen dificultade, este abrirase no momento no que chegue o autobús de transporte escolar (8:50h.) para permitir o acceso do alumnado. Antes desa hora non se pode acceder ao centro.
·         Por último lembren que tanto no paso de peóns coma na zona reservada para o transporte escolar está prohibido estacionar, é necesario que permanezan  libres estas zonas  para que circule con fluidez o autobus e tamén para minimizar o risco de posibles accidentes. Respeten tamén as prazas de aparcamento reservadas para persoas con discapacidade.

 

GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN

Setembro 2017

O NOSO CAMIÑO ATA O XARDÍN DA XOANIÑA JUANITA

O proxecto “El jardín de Juanita”, proposto dende o Movemento Filosofía Lúdica e o Proxecto Noria (curriculum de filosofía para nenos e nenas), consiste en traer ao mundo real un xardín inspirado no do conto “La mariquita Juanita” (Angélica Sátiro, ed. Octaedro, 2004) que é o hábitat onde nace o personaxe principal (Juanita) e onde viven os seus amigos.

Dende o mes de outubro, semanalmente e de xeito continuado, realizamos micro sesións de “Xogar a Pensar” nas que dialogamos sobre os personaxes do conto, a súa maneira de ser e actuar, o entorno natural no que se atopan, as súas implicacións na nosa vida diaria … e sempre rematamos cunha reflexión que leva a unha actuación sobre o xardín.

O feito de que a nosa parcela estea lonxe do aulario, levounos a debuxar o mapa do camiño que recorriamos todos os venres para que poidades coñecer este espazo natural que no vindeiro curso manteremos e melloraremos.

Está a ser un pracer, para os nenos e nenas e para as persoas e colectivos (escolas, obradoiros e colectivos sociais) dos 7 países que estamos a participar, desenvolver a nosa conciencia ecolóxica dende diferentes enfoques.  Porque en  España, Portugal, Italia, México, Colombia, Uruguay, Arxentina e Brasil temos moitas e variadas apreciacións de como poder ser un xardín.

Ademais  da divulgación de todo o proceso durante o curso en facebook, teremos a oportunidade de dar visibilidade á nosa labor coa elaboración dun póster para un stand na XVIII INTERNACIONAL CONFERENCE OF ICPIC que se vai a realizar na Universidade Autónoma de Madrid do 28 de xuño ao 1 de xullo. Tamén estará no ENCUENTRO NORIA e no 9º CICI (Congreso Internacional de Creatividade e Innovación Social) en México durante o mes de Xullo.

MAR Santiago Arca, 28 maio 2017

MOSAICO DE ROSALÍA DE CASTRO

 

 

 Este curso, con motivo do día de Rosalía de Castro (24 de febreiro), decidimos realizar a nosa particular

homenaxe á súa figura cunha actividade na que participara a maior parte dos integrantes da Comunidade

Educativa.

Para esta tarefa, confeccionamos cunha foto da escritora galega un gran mosaico (2 x 1,5 m), elaborado con

miles de pequenos retratos do alumnado, profesorado, exprofesorado e persoal non docente. Este mural

quedará exposto na entrada principal do Centro.

 

Os Equipos de

Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca Escolar

 

MOSAICO DE ROSALÍA DE CASTRO

A AVENTURA DE CREAR COMO MARY HEILMANN

Mary Heilmann é unha artista estadounidense, que vive e traballa en Nova York. É coñecida polas súas pinturas abstractas, cerámica e mobles.

Como toda  a súa obra se caracteriza por un uso lúdico da cor, a liña e a forma, no Recanto da Arte e xa convertidos/as nos/as mellores artistas pop, agudizamos o noso enxeño para ”pintar” con pezas xeometricamente diferentes en cor, tamaño e forma.

Na caixa de luz, reproducimos algunhas das súas estéticas …



… pero rematamos creando as nosas propias obras, aparentemente tan simples que é inevitable sorrir fronte a elas pola ledicia que irradian.



Confirmamos así que o traballo de Mary Heilmann foi tan influínte para os artistas novos como para nós (que tamén o somos).

MAR Santiago Arca, Marzo 2017

 

 

 

 

O XARDÍN DE JUANITA É DE TODOS E TODAS

“Crear es emancipar la mirada,
cuestionar la oposición entre la pasividad del mirar
y la dinámica del actuar.”  
Angélica Sátiro. FILOSOFÍA MÍNIMA. Octaedro, 2016

 

Esta parcela do horto escolar está a ser deseñada polos/as nenos/as de 3 anos dende o comezo do curso, e son eles e elas quenes deciden onde plantar e por qué. Quizais dende a nosa visión de adultos, con moita máis experiencia de vida, pode parecernos algo moi sinxelo, pero a realidade en Educación Infantil é moi distinta.

Estes 12 nenos e 11 nenas (dende cando algúns aínda tiñan 2 anos) están a facer pequenas reflexións filosóficas sobre civismo, respecto, bo humor, bo gusto, paciencia, autoestima, amor … documentando o valor do seu pensamento nas plantacións  e nun diario colectivo no que contan o proceso de creación do xardín.

Por iso pedimos colaboración a toda a comunidade educativa para a conservación e valoración deste recuncho educativo, xa que estamos a atoparnos co feito de que as plantas están a ser arrancadas. Dende a clase de 3 anos “B” desexamos que a participación neste proxecto non sexa unicamente un proceso de aprendizaxe para nós, senón a lembranza de que todos/as somos responsables do noso planeta.

MAR Santiago Arca, Xaneiro 2017

 

Proxecto EL JARDÍN DE JUANITA…

                                                                                                                                                                                             “Una filosofía comprometida
                                                                                                                                                                                             con el encanto y la hermosura
                                                                                                                                                                                             de desear mundos mejores para vivir.”

                                                                                                                                                                    Angélica Sátiro. FILOSOFÍA MÍNIMA. Octaedro, 2016 

… do que a clase de 3 anos “B” é participe na súa parcela do horto. No pdf está á vosa disposición o boletín monográfico deste proxecto no que estamos a participar dende moitas localidades do noso planeta.

Todo o seu desenvolvemento, dende o comezo ata o remate en xuño, será compartido na súa propia páxina en facebook:

  

MAR Santiago Arca, decembro 2016

UN XARDÍN PARA JUANITA

                                                                                                                                                                             “Filosofía-ecológica, que florece herramientas,
                                                                                                                                                                             que hace germinar recursos internos para actuar
                                                                                                                                                                              más allá de castigos y recompensas.” 
 
Angélica Sátiro. FILOSOFÍA MÍNIMA. Octaedro, 2016

 

Este curso na nosa parcela do horto escolar estamos a participar nun proxecto de ética e estética medio ambiental proposto dende o Movemento Filosofía Lúdica, co obxectivo de desenvolver a conciencia ecolóxica.

Consiste en responsabilizar a os/as nenos/as dun espazo natural, un xardín que eles/as mesmos/as van a crear (pensando, construíndo, tocando e coidando) para o personaxe principal do conto “La mariquita Juanita” (Angélica Sátiro, editorial Octaedro, 2004).

Ao longo dos meses de setembro de 2016 a xuño de 2017 podedes seguir como se vai desenvolvendo o proxecto, e a nosa participación (publicacións recentes), no evento “El jardín de Juanita” en facebook.


MAR Santiago Arca, Decembro 2016

 

Distribuir contido


by Dr. Radut